Os premios Grammy foron creados pola Recording Academy, unha asociación de estadounidenses profesionalmente relacionados coa industria da música, para recoñecer logros extraordinarios na industria da gravación.

Premios Grammy
Tipopremio de música, annual music awards ceremony e grupo de premios
Data de fundación1958
Fundador(es)National Academy of Recording Arts and Sciences
Nomeado en referencia aGramófono
EnOs Ánxeles, Beverly Hills, Os Ánxeles, Nova York, Beverly Hills e Nova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.grammy.com
IMDB: ev0000301 Rottentomatoes: tv/the_grammys Metacritic: tv/the-grammy-awards
Facebook: GRAMMYawards Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

É un dos catro shows anuais de premios musicais que se celebran nos Estados Unidos de América, os outros tres son: os Premios Billboard, os Premios American Music, e o Rock and Roll Hall of Fame Indution Ceremony. Porén, os Grammys, que normalmente se celebran en febreiro, considéranse o equivalente aos Premios Oscar no mundo de música.[Cómpre referencia]

Como os Oscars, os Grammys, que están compostos por 105 categorías en 30 xéneros de música, outórganse por votación e non por índice de popularidade como ocorre cos Premios American Music e os Premios Billboard Music.

A cerimonia dos Grammys inclúe actuacións dos artistas máis coñecidos e os premios máis agardados entréganse nunha gran cerimonia televisada a través do canal CBS.

A data límite para ser candidato aos Grammys é o 1 de outubro. Por esta razón os artistas estratexicamente apuran para publicar os seus álbums antes desta data para teren opcións de gañar o Grammy dese ano.[Cómpre referencia]

Desde o ano 2000, debido á crecente importancia do mercado e da produción de música no ámbito de América Latina e entre a poboación latina dos Estados Unidos, lévase a cabo a entrega dos premios Grammy Latinos (Latin Grammy). Estes premios, que se dividen en 50 categorías, teñen como data límite o 31 de marzo de cada ano e entréganse en setembro.

Porén, o premio Grammy é considerado para moitos como un premio polémico, xa que grandes iconas musicais como Queen ou Lede Zeppelin nunca gañaron ningún, e David Bowie só conseguiu un en toda a súa traxectoria, e gañouno ao Mellor Vídeo Musical.

Jethro Tull e a polémica de 1989 editar

En 1989 os Jethro Tull gañaron o premio Grammy polo seu álbum Crest of a Knave na categoría de The Best Hard Rock/Metal Performance (Mellor Performance de Hard Rock/Metal), derrotando, contra todo prognóstico, os favoritos Metallica. O premio foi particularmente controvertido, xa que moitos non consideran a Jethro Tull como unha banda de hard rock, e moito menos de heavy metal. O feito adicional de que esta fora a primeira ocasión en que se entregaba un Grammy de heavy metal foi visto como un insulto para os fanáticos do xénero.[Cómpre referencia] Talvez como consecuencia disto, desde entón entregáronse Grammys para bandas de heavy metal e hard rock por separado. Por recomendación do seu representante, ningún dos integrantes do grupo asistira á cerimonia (parecía que non tiñan posibilidades de gañar, xa que non era propiamente o seu xénero de música, aínda que o disco tiña unha calidade excepcional), afortunadamente para eles, xa que tras seren anunciados como gañadores, parte da audiencia apupou o resultado. A banda, como consecuencia das críticas, respondeu lanzando un anuncio nunha revista musical británica no que se dicía: "The flute is a Heavy Metal instrument!" (A frauta é un instrumento de Heavy Metal).

Críticas editar

Quizais o que máis chamou a atención destes premios non sexa a importancia que varios medios de comunicación lles dan, senón máis ben a polémica que causaron ao longo da súa traxectoria. Foron fortemente criticados por varios especialistas dentro do mundo da música. Moitos críticos conservadores argumentaron que os Premios Grammy só teñen a intención de beneficiar un grupo da industria musical promovendo os seus produtos e ideas. Os gañadores nos Grammy só reflicten as preferencias políticas, sociais e artísticas dos votantes membros da Academia. Outros críticos, dentro da industria, cuestionaron abertamente por que os Grammy seguen tendo importancia na sociedade actual.[Cómpre referencia]

Categorías dos premios editar

Alternativa editar

Blues editar

Children's editar

Clásica editar

Comedia editar

Composición/Arranxos editar

Country editar

Dance editar

Disco editar

Film/TV/Media editar

Folk editar

Gospel editar

Jazz editar

Latina editar

Musical Show editar

Vídeo musical editar

New Age editar

Packaging/Notes; Best Album Cover editar

Polka editar

Pop editar

Production/Engineering editar

R&B editar

Rap editar

Reggae editar

Rock editar

Surround Sound editar

Spoken editar

Traditional Pop editar

World editar