Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

premio literario galego
(Redirección desde «Premio Eusebio Lorenzo Baleirón»)

O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón é un galardón literario instaurado no ano 1988 polo concello de Dodro coa finalidade de honrar o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón e co obxectivo de contribuír ao enaltecemento da poesía galega.

Historia editar

 
Graffiti de Eusebio Lorenzo Baleirón co poemario Gramática do Silencio. Obra poética (1996, Espiral Maior) no CPI de Dodro, que leva o seu nome.

O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído polo concello de Dodro no ano 1988, contando coa implicación de Avelino Abuín de Tembra,[1] Helena Villar Janeiro ou Anxo Angueira,[2] co propósito de conmemorar a figura do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, morto prematuramente no ano 1986 aos 24 anos de idade, e para contribuír a reafirmar a poesía galega.[3][4] Un xurado seleccionado anualmente polo concello e constituído por personalidades relacionadas coa poesía e a crítica literaria galegas elixe a obra gañadora de entre as que participan no certame.[5][6] O premio contou inicialmente cunha modesta dotación económica[1] que foi aumentando paulatinamente ata acadar os 2 500 .[7] A obra gañadora comezou a publicarse en formato libro a partir da IV edición.[1]

No ano 2013, coincidindo co XXV aniversario do premio, inaugurouse unha exposición conmemorativa con carácter itinerante promovida polo concello de Dodro para achegar ao público a vida e obra do escritor e presentouse o libro XXV Aniversario do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (1988-2012) (2013) para rememorar a obra do poeta, que inclúe ademais poemas de cada un dos autores premiados ata ese ano.[8][9][10]

Bases do concurso editar

A bases reguladoras e a convocatoria de participación ao concurso publícanse anualmente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Pode concorrer ao certame calquera persoa maior de 18 anos. As obras deben ser orixinais e inéditas e estar escritas en lingua galega, admítense poemarios de tema e forma libres que teñan unha extensión de entre 500 e 800 versos. Non poden concorrer textos premiados, presentados simultaneamente a outros certames ou que manteñan compromisos de publicación con algunha editorial. Os traballos deben ser enviados por correo postal, non se admiten traballos entregados presencialmente, nin fóra de prazo. Os poemarios deben presentarse en formato dixital (por medio dun lapis de memoria ou disco compacto) acompañados dunha plica ou sobre pechado, no exterior debe figurar o título e o lema.[11]

Gañadores editar

Concluído o prazo de presentación, o concello de Dodro nomea un xurado formado por distintas personalidades relacionadas coa poesía e a crítica literaria galegas.[5] Unha vez designado o xurado, celébrase unha reunión na Casa da Cultura de Dodro[11][12] que culmina coa deliberación do mesmo para determinar a obra gañadora e deseguido procédese á apertura da plica para desvelar o nome do autor.[13] O fallo dáse a coñecer mediante a celebración dun acto público.[5][14] Así mesmo, faise unha ofrenda floral en memoria de Eusebio Lorenzo Baleirón no cemiterio parroquial de San Xulián de Laíño, onde repousan os seus restos, nunha homenaxe á que asisten os membros do xurado acompañados por persoeiros do concello.[13][15] Días despois celébrase o acto de entrega do premio,[5][14] coincidindo coa clausura da semana cultural de Dodro,[16] que ten lugar tódolos anos no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.[1]

A dotación económica do premio ascende a 2 500 € e obra gañadora publícase en formato libro nalgunha editorial recoñecida.[17] Os primeiros poemarios foron publicados a partir da IV edición[1] por Ediciós do Castro recompilados na colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón,[18][19] á que se sumaron en posteriores edicións Sotelo Blanco[2][20] (colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón[20][21]) e Chan da Pólvora[22] (colección ELBa[22]).

Lista de gañadores :
Edición Ano Autor Título Editorial
I1988 Xosé Manuel López Ardeiro O matiz esmeralda na sombraEdiciós do Castro

«Sen gozar da existencia en demasía, este poeta semella un ermitán dos silencios, das sombras, das noites insondábeis en que o amor reina, púdico e recatado, entre as honestas sabas da harmonía[23][24] 

II1989 Gonzalo Navaza Fábrica íntimaGalaxia

«Delicada confesión íntima dos desacougos persoais, pero tamén a ironía intelixente que os disolve nun elegante distanciamento, así como o culto á tradición literaria ou á reflexión filosófica[25] 

III1990 Xavier Rodríguez Barrio Alba no muroined.

O gañador do único premio foi Xabier Rodríguez Barrio [sic], de Lugo, pola súa obra presentada baixo o lema «Alborada do Muro».[26] 

IV1991 Helena Villar Janeiro Nas hedras da clepsidraEdiciós do Castro

«Un repaso impresionista da memoria común, un exercicio de reflexión que ofrece moitas claves para a súa poética, e dá argumentos para a súa visión da condición feminina[27][28] 

V1992 Palmira González Boullosa Asoladamente, o teu nomeEdiciós do Castro

«Gobernado polo ton testemuñal e o vitalismo pero de corte clásico e ben afastado da poesía da outredade que agora goberna a literatura feminina[29][30] 

VI1993 Xabier Cordal Fruto do teixoEdiciós do Castro

«Mestura dun xeito case surrealista elementos radicalmente modernos con compoñentes míticas e tradicionais [...] acompañado por unha boa dose de ironía e sarcasmo que é o fío condutor[31][32] 

VII1994 Xosé Manuel Millán Otero As palabras no espelloEdiciós do Castro

«A voz poética é quen de desdobrar o seu ton, o seu discurso e o seu mundo para facernos chegar as dúas dimensións do compromiso de Millán Otero, coa realidade e coa palabra[33][34] 

VIII1995 Xosé Miranda Amantes e viaxeirosEdiciós do Castro

«Predomina o verso libre e aínda se percibe a súa inexperiencia no manexo do ritmo. A obra semella unha combinación dos topos [sic] do amor e da viaxe[35][36] 

IX1996 Isidro Novo Dende unha nada núaEdiciós do Castro

«Versos herméticos e poemas difíciles ao servizo do desacougo existencial. Flota a sensación de que a vida pode ser, como reza o título, a nada núa. Ollo, non obstante; hai luzadas de optimismo[37][38] 

X1997 Emma Couceiro As entrañas horasEdiciós do Castro

«Percorrido polo interior psíquico, caótico e angustiado, do suxeito poético, pero tamén reflicte as dúbidas vitais e existenciais de todo individuo[39][40] 

XI1998 Estevo Creus Teoría do lugarEdiciós do Castro

«Fórmulas para explicar o físico, para explicar os espazos, formas metafóricas [para] poñer o corpo da persoa nos espazos[41] 

XII1999 Emma Pedreira GrimorioEdiciós do Castro

«Viaxe pola banda maldita, marxinal e oculta, cultivando unha ambientación gótica e unha actitude desafiante en primeira persoa[42][43] 

XIII2000 Carlos Penela Acaso o invernoEdiciós do Castro

«Penela semella ollar as cousas e o mundo desde unha singular cordialidade ontolóxica que repudia toda manobra deturpadora, toda ocultación da verdade[44][45] 

XIV2001 Xosé Lois Rúa O tránsito da augaEdiciós do Castro

«Poesía intimista, evocadora, nostálxica de espazos e presenzas, e, por riba de todo, amorosa[46][47] 

XV2002 Eduardo Estévez Caderno apócrifo da pequena defuntaEdiciós do Castro

«Un poemario de ton inxel e saudoso, relatado en verso curto e primeira persoa feminina; como el di, un territorio de aparencia[48][49] 

XVI2003 María Comesaña Besteiros ZoonoseEdiciós do Castro

«Poesía contemporánea de autoría feminina [...] con especial atención á construción da identidade, o corpo, o abxecto e a maternidade[50][51] 

XVII2004 Lupe Gómez Azul e estranxeiraEdiciós do Castro

«A poesía de Lupe Gómez revisa e subverte a tradicional representación literaria da muller moldeada por perspectivas patriarcais[52][53] 

XVIII2005 Mariña Pérez Rei FanerógamaEdiciós do Castro

«Unha escrita transmisora de emocións e comprometida coa realidade social e política[54] 

XIX2006 Rafa Vilar Escoración dos díasEdiciós do Castro

«Trata desas cousas que están na vida das persoas pero para as que parece que faltan as horas para atendelas, como a mesma poesía, e cuestións transcendentais que hai que rescatar día a día[55] 

XX2007 María Neves Soutelo Código poéticoSotelo Blanco

«O poemario pódese dividir en tres partes máis unha: a primeira son poemas “do eu mesmo e o ti”; a segunda é unha voz poética, un diálogo que queda sen resposta; a terceira parte é un conglomerado de sensacións e sentimentos, de imaxes, miscelánea; a última, é un diálogo máis íntimo, máis harmonioso[56][57] 

XXI2008 Xabier Xil Xardón Cando menos, a derrotaSotelo Blanco

«Exhibe un discurso singular, tamén desde o punto de vista léxico, sobre a identidade e a perda do territorio[58][59] 

XXII2009 Xosé Daniel Costas Currás ConservasSotelo Blanco

«O poemario remite á memoria e ten moito peso a perspectiva de muller[60][61] 

XXIII2010 Luís Valle Regueiro FedorSotelo Blanco

«A profundidade temática, a orixinalidade das imaxes, a musicalidade e un impecable coidado da lingua[62][63] 

XXIV2011 Isaac Xubín Con gume de folla húmidaSotelo Blanco

«A tensión poética mantida ao longo do poemario [que permite] a fluidez dos versos de xeito natural, cunha mestura da lingua, do tempo e da terra[64] 

XXV2012 Serxio Iglesias Viaxe ao interior da fendaSotelo Blanco

«A capacidade para reescribir unha temática universal como é a perda, así como o coidado no rexistro poético, especialmente na selección léxica e na creación de imaxes[65] 

XXVI2013 Cristina Ferreiro Real As paisaxes eléctricasSotelo Blanco

«A fluidez e coherencia da súa poesía [...] apoiándose en referencias cinematográficas e musicais debuxa unha distopía tecnolóxica[21][66] 

XXVII2014 Ramón Neto Zonas de tránsitoSotelo Blanco

«A boa estruturación e a eficaz progresión temática, que bebe de lecturas de tradición xermana como Paul Celan e Höldering[67] 

XXVIII2015 Xerardo Quintiá Fornelos & Fornelos, segunda fundaciónSotelo Blanco

«Estilo sobrio limpo que vai ao esencial, mantendo sempre un ritmo constante que alterna poemas con moita musicalidade con outros máis próximos á prosa ou á lingua falada, dándolle riqueza tonal[68] 

XXIX2016 Ramón Blanco Fernández Se pedra na brétemaChan da Pólvora

«Reúne a permanencia do granito e a confusión da bruma, ambas cohesionadas polo imperturbable deambular do tempo como anuncio da fraxilidade existencial[69][70] 

XXX2017 Estevo Creus (Recibe por 2ª vez o premio) O lugar que non haiChan da Pólvora

«Respira como un longo poema mamífero e cada unha das súas palabras é, ao mesmo tempo, palabra e xesto[22][41][71] 

XXXI2018 Carlos Penela (Recibe por 2ª vez o premio) Ese tépedo vento que pasa sobre o mundoChan da Pólvora

«A voz literaria consolidada da obra, que atravesa moitos valores da poesía de calquera tradición[72][73] 

XXXII2019 Antón Blanco Casás Voz do arqueiroChan da Pólvora

«A construción e a sintaxe xunto cunha escolla léxica moi coidada[74] 

XXXIII2020 Quico Valeiras UrdaChan da Pólvora

«Procura espazos aínda pouco transitados na nosa literatura, singularmente no territorio do pensamento[75][76] 

XXXIV2021 Inma López Silva ClepsidrasChan da Pólvora

«Un discurso arredor da xenealoxía feminina, o patente reflexo das violencias cotiás, así como a exploración da lingua e das formas do dicir[17] 

XXXV2022 Brenda Mondelo NeveChan da Pólvora

«A orixinalidade do tema proposto [...] unha aposta non exenta de risco na busca de poetizar a narratividade. Por outra parte [...] consegue romper os clixés históricos[77][78] 

XXXVI2023 Manuel López Rodríguez Palabras do sur

«A consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura[79][80] 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mariño Abuín, Xoán Bautista (16-12-2011). "A terra e o tempo de Eusebio Lorenzo Baleirón". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 03-12-2022. Consultado o 17-05-2022. 
  2. 2,0 2,1 "Versos contra a perda do país". El Correo Gallego. 21-12-2008. Consultado o 17-05-2022. 
  3. "Cultura e Educación destaca a contribución do XXVII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón ao fomento da creación literaria". Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Xunta de Galicia. 20-12-2014. Consultado o 17-05-2022. 
  4. "Xunta corta a colaboración co premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". Nós Diario. 29-04-2020. Consultado o 20-05-2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 U. L. (21-11-2003). "Trinta obras concorren ó premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, no municipio de Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 17-05-2022. 
  6. Fernández, Brais (16-09-2021). "Dodro celebra o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021". El Correo Gallego. Consultado o 19-05-2022. 
  7. "O Eusebio Lorenzo Baleirón pon en xogo 2.500 euros". La Voz de Galicia. 19-07-2021. Consultado o 17-05-2022. 
  8. "Xesús Vázquez Abad asegura que o premio Eusebio Lorenzo Baleirón conseguiu nos seus 25 anos de historia "consolidarse como un dos galardóns con maior prestixio de Galicia"". Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Xunta de Galicia. 15-11-2012. Consultado o 19-05-2022. 
  9. Vidal, Carme (16-11-2012). "Volver a Eusebio Lorenzo Baleirón". Nós Diario. Consultado o 19-05-2022. 
  10. "Un libro y dos exposiciones itinerantes para difundir la figura de Eusebio Lorenzo Baleirón". El Correo Gallego (en castelán). 11-12-2012. Consultado o 19-05-2022. 
  11. 11,0 11,1 Aprobación das bases de participación e da convocatoria do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021 (PDF). Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nº 125 (Informe) (Deputación da Coruña). 06-07-2021. 2021/5444. Consultado o 17-05-2022. 
  12. Requeixo, Armando (14-12-2014). "Pola banda de Laíño, con Neto e Lorenzo Baleirón". Críticalia (Blog). Consultado o 19-05-2022. 
  13. 13,0 13,1 Nicolás, Ramón (02-12-2017). "Estevo Creus, galardoado na XXX edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón". Caderno da crítica (Blog). Consultado o 17-05-2022. 
  14. 14,0 14,1 U. L. (17-11-2021). "Trinta traballos optan ao Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 17-05-2022. 
  15. U. L. (09-12-2011). "Dodro fará unha ofrenda tras o fallo do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. Consultado o 17-05-2022. 
  16. U. L. (15-12-2006). "Remata o programa cultural coa entrega do premio Eusebio Lorenzo Baleirón programación cultural coa entrega". La Voz de Galicia. Consultado o 17-05-2022. 
  17. 17,0 17,1 "Inma López Silva gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo, que convoca Dodro". La Voz de Galicia. 07-11-2021. Consultado o 07-11-2021. 
  18. "Dodro hace públicas las bases del Premio Eusebio Lorenzo". El Correo Gallego. 11-10-2006. Consultado o 17-05-2022. 
  19. U. L. (06-11-2007). "Convocada a vixésimo edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. Consultado o 17-05-2022. 
  20. 20,0 20,1 "Sotelo Blanco toma el testigo de las ediciones del Eusebio Lorenzo". El Correo Gallego (en castelán). 03-07-2008. Consultado o 17-05-2022. 
  21. 21,0 21,1 "Dodro publica a obra gañadora do XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". El Correo Gallego. 02-12-2014. Consultado o 17-05-2022. 
  22. 22,0 22,1 22,2 "Estevo Creus, cando a poesía respira". El Correo Gallego. 17-01-2019. Consultado o 17-05-2022. 
  23. "Guieiro Cultural". Conta de libros. A Nosa Terra (503). 27-12-1991. p. 24. Consultado o 16-05-2022 – vía Europeana. 
  24. Beceiro, M. (25-09-2001). "O que está sucedendo estes días é poesía amarga". La Voz de Galicia. Consultado o 08-04-2019. 
  25. Navaza, Gonzalo (1991). Fábrica íntima. Colección Dombate (Poesía). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-816-0. Consultado o 16-05-2022. 
  26. "Hoy se entrega en Dodro el premio de poesía «Ensebio Lorenzo Baleirón»". La Voz de Galicia (en castelán) (Edición Santiago). 30-12-1990. p. 40. 
  27. González Fernández, Helena (2000). "Poesía: as diversas roupaxes do compromiso". Anuario de Estudios Literarios Galegos. 1999: 198. ISBN 9788482884271. Consultado o 15-05-2022. 
  28. "Nas hedras da clepsidra / Helena Villar Janeiro". Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Consultado o 08-04-2019. 
  29. González Fernández, Helena (1995). "1994, tempos de medrio e boa saúde na poesía" (PDF). Anuario de Estudios Literarios Galegos. 1994: 168. ISBN 9788471549372. Consultado o 15-05-2022 – vía Poesiagalega.org. 
  30. "“Palmira G. Boullosa, in memoriam”, por Manuel Bragado". AELG. 09-03-2017. Consultado o 08-04-2019. 
  31. González Fernández, Helena (1996). "1995: Unha bandexa chea de bos poemarios". Anuario de Estudios Literarios Galegos. 1995 (Vigo: Galaxia): 169. ISBN 9788482880594. Consultado o 15-05-2022. 
  32. "Versos por la paz... y contra el miedo" (PDF). Zurgai: 90. Xuño de 2014. ISSN 0214-7653. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09-10-2018. Consultado o 08-04-2019. 
  33. González Fernández, Helena (1996). "1995: Unha bandexa chea de bos poemarios" (PDF). Anuario de Estudios Literarios Galegos. 1995: 288. ISBN 9788482880594. Consultado o 15-05-2022 – vía Poesiagalega.org. 
  34. "O IEM acolle a presentación de As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero. Venres día 15, ás 20:30 horas". IEM. 10-06-2018. Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019. 
  35. Novas, Lucía (2006). "As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002). Xosé Miranda" (PDF). Anuario de Estudos Literarios Galegos. 2004 (Vigo: Galaxia): 203. ISBN 84-8288-894-3. 
  36. "Xosé Miranda". Xerais. Arquivado dende o orixinal o 30-09-2020. Consultado o 08-04-2019. 
  37. "Nihilismo lírico. Isidro Novo" (PDF). El Progreso. 08-11-1997. Consultado o 14-05-2022 – vía Centro de documentación da AELG. 
  38. E. C. (15-12-1996). "Isidro Novo obtén o premio Eusebio Lorenzo Baleirón" (PDF). El Correo Gallego. Consultado o 14-05-2022 – vía Centro de documentación da AELG. 
  39. "As entrañas horas". LLetra de dona. Universidade de Barcelona. Arquivado dende o orixinal o 14-05-2022. Consultado o 15-05-2022. 
  40. González Fernández, Helena (1999). "Poesía. bos poemarios e modelos diversos". Anuario de Estudios Literarios Galegos. 1998 (Vigo: Galaxia): 267. Consultado o 08-04-2019. 
  41. 41,0 41,1   "De 'Teoría do lugar' a 'O lugar que non hai'". Diario Cultural (Podcast). Radio Galega. 11-01-2018. Consultado o 14-05-2022. 
  42. González Fernández, Helena (2001). "Poesía: empezar o milenio" (PDF). Anuario de Estudios Literarios Galegos. 2000 (Vigo: Galaxia): 288. ISBN 9788482884943. Consultado o 14-05-2022 – vía Poesiagalega.org. 
  43. "Pedreira, Emma". Xerais. Consultado o 08-04-2019. 
  44. Casas, Arturo (2002). "Da restitución dun mundo. Carlos Penela. Acaso o inverno" (PDF). Grial (Vigo: Galaxia) (155): 567–571. ISSN 0017-4181 – vía Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. 
  45. López, Uxía (17-12-2000). "Dodro volcouse na entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. Consultado o 08-04-2019. 
  46. "Do Castro publica o libro de Xosé Lois Rúa, «O tránsito da auga»". La Voz de Galicia. 04-10-2002. Consultado o 14-05-2022. 
  47. López, Uxía (30-12-2001). "O día de Eusebio Lorenzo". La Voz de Galicia. Consultado o 08-04-2019. 
  48. González Fernández, Helena (2004). "A poesía nos anos 2002 e 2003. Sobre crises, autoras e unha certa tendencia á institucionalización" (PDF). Anuario de Estudios Literarios Galegos. 2003 (Vigo: Galaxia): 120. ISBN 84-8288-778-5. Consultado o 15-05-2022 – vía Poesiagalega.org. 
  49. López, Uxía (22-12-2002). "Eduardo Estévez gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo de Dodro" (PDF). La Voz de Galicia. Consultado o 14-05-2022 – vía Centro de documentación da AELG. 
  50. Baltrusch, Burghard, ed. (2013). "Autoras e autores". Lupe Gómez: Libre e estranxeira. Estudos e Traducións. Berlín: Frank & Timme. p. 306. ISBN 978-3865964649. ISSN 2194-752X. 
  51. "A novel María Comesaña obtén o premio de poesía Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. 20-12-2003. Arquivado dende o orixinal o 10-04-2019. Consultado o 08-04-2019. 
  52. Baltrusch, Burghard, ed. (2013). "Lupe Gómez: libre e estranxeira – unha introdución". Lupe Gómez: libre e estranxeira. Estudos e Traducións. Berlín: Frank & Timme. p. 11. ISBN 978-3865964649. ISSN 2194-752X. 
  53. "Azul e estranxeira". culturagalega.gal. 2005. Consultado o 08-04-2019. 
  54. Vidal Villaverde, Manuel (24-01-2011). "Mariña Pérez Rei: “A nosa cultura ten futuro a pesar de non ser apoiada por certos grupos sociais”". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019. 
  55. V. O. (14-12-2006). "Rafa Villar indaga na fuxida do tempo en "Escoración dos días"". El Correo Gallego. Consultado o 08-04-2019. 
  56. Botrán, Cristina (22-12-2007). "Nieves Soutelo ou o froito do labor interior". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019. 
  57. Antía (22-12-2012). "Nieves Soutelo: “Aínda estou asimilando o Lorenzo Baleirón”". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019. 
  58. "Xabier Xil Xardón". tr3sreinos. Consultado o 153-05-2022. 
  59. U. L. (17-12-2008). "O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, recaeu en Xabier Xil Xardón". La Voz de Galicia. Consultado o 07-04-2019. 
  60. Argibay, María (25-08-2018). "Xosé Daniel Costas Currás: "As mulleres foron fundamentais na construción de Moaña"". Diario de Pontevedra. Consultado o 07-04-2019. 
  61. C. P. (03-11-2010). "«O poemario remite á memoria e ten moito peso a perspectiva de muller»". La Voz de Galicia. Consultado o 13-05-2022. 
  62. U. L. (12-12-2010). "Luís Valle Regueiro gaña en Dodro o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. Consultado o 07-04-2019. 
  63. "Dodro presenta o venres ao gañador do premio de poesía". La Voz de Galicia. 06-04-2011. Arquivado dende o orixinal o 07-04-2019. Consultado o 07-04-2019. 
  64. "Isaac Fernández gana o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía". La Voz de Galicia. 11-12-2011. Consultado o 07-04-2019. 
  65. "Serxio Iglesias gaña o XXV Premio Eusebio Lorenzo Baleirón con Viaxe ao interior da fenda". AELG. 03-12-2012. Consultado o 07-04-2019. 
  66. "O Concello de Dodro publica a obra de Cristina Ferreiro gañadora do premio Baleirón". La Voz de Galicia. 03-12-2014. Arquivado dende o orixinal o 07-04-2019. Consultado o 07-04-2019. 
  67. "O arousán Ramón Neto gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. 14-12-2014. Arquivado dende o orixinal o 07-04-2019. Consultado o 07-04-2019. 
  68. "Xerardo Quintiá gaña o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro". La Voz de Galicia. 15-12-2015. Consultado o 07-04-2019. 
  69. "Se pedra na brétema e Tinta de luz preséntanse en Compostela e Vigo". La Opinión A Coruña. 12-01-2018. Consultado o 13-05-2022. 
  70. "Ramón Blanco gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón con 'Se pedra na brétema'". La Opinión A Coruña. 19-12-2016. Consultado o 07-04-2019. 
  71. U. L. (03-12-2017). "O autor Estevo Creus gaña por segunda vez o Premio de Poesía de Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 07-04-2019. 
  72. "Carlos Penela gaña o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo". La Voz de Galicia. 19-12-2018. Consultado o 13-05-2022. 
  73. A. P. (23-12-2018). "Carlos Penela recibiu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". El Correo Gallego. Consultado o 07-04-2019. 
  74. S. E. (15-12-2019). "A obra 'Voz do arqueiro' de Antón Blanco gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón". El Correo Gallego. Consultado o 21-12-2019. 
  75. Sol Elvira (22-11-2020). "Quico Valeiras gaña o premio de poesía Lorenzo Baleirón". El Correo Gallego. Consultado o 18-05-2022. 
  76. "Francisco Valeiras González gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. 21-11-2020. Consultado o 25-11-2020. 
  77. Vilar, O. D. (19-11-2022). "Brenda González leva o premio Lorenzo Baleirón de Dodro co poemario 'Neve'". El Correo Gallego. Consultado o 20-11-2022. 
  78. "Brenda Mondelo gaña en Dodro o premio de poesía Lorenzo Baleirón". La Voz de Galicia. 20-11-2022. Consultado o 20-11-2022. 
  79. O. P. (19-11-2023). "Manuel López Rodríguez gaña o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón en Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 19-11-2023. 
  80. Manteiga Outeiro, Marcos (18-11-2023). "Manuel López Rodríguez leva o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro". El Correo Gallego. Consultado o 19-11-2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar