Premio Cultura Galega das Letras

O Premio Cultura Galega das Letras é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas "con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa"[1].

Historia e características editar

Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas, que na segunda sesión de deliberación foron: Roberto Varela, en calidade de conselleiro, e como vogais Francisco López, Ramón Villares, José María Barja, Javier Garbayo e Mercedes Goicoa. Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron o secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva; o crítico de arte Antón Castro Fernández, a arquitecta Isabel Aguirre Urcola e mais o compositor Juan Vara García.[2]

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[3]. A diferenza do anterior premio, concedido a Xosé Luís Méndez Ferrín, este non ten dotación económica. Tamén a diferenza de edicións pasadas, a RAG desta vez renunciou a ter un representante no xurado.

Como escritor, penso que se produciu unha devaluación dos galardóns. Non só porque non teñan dotación económica, senón tamén porque se reduciron categorías. Estes premios naceron mortos (...) A Real Academia está totalmente á marxe do proceso destes premios e creo que algunha universidade tampouco quixo formar parte.

Premiados editar

 
Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

Notas editar

  1. Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.
  2. Os Premios da Cultura Galega 2010 xa teñen gañadores Arquivado 19 de novembro de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia o 16 de novembro de 2010.
  3. A Xunta crea os Premios da Cultura Galega Arquivado 24 de novembro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 5/10/2010.
  4. Os Premios da Cultura Galega “naceron mortos” para Ferrín Arquivado 21 de novembro de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia o 19 de novembro de 2010.
  5. A renuncia ao galardón respondeu aos mesmos motivos que esgrimira a plataforma ProLingua nun comunicado de prensa Arquivado 19 de novembro de 2010 en Wayback Machine. do 8 de outubro: "Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura".
  6. "Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012 ". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  7. "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  8. Premios da Cultura Galega 2014
  9. "Premios da Cultura Galega 2018". cultura.gal. Consultado o 16/12/2018. 
  10. Galicia, Xunta de (2021-11-02). "Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-03. 
  11. "Gayoso, Marica Campo e Xacarandaina, premios da Cultura Galega 2022". La Voz de Galicia. 2022-10-04. Consultado o 2022-10-04. 
  12. Os Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas!

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar