Premio Café Gijón

O Premio Café Gijón é un premio literario español para novela que tomou o seu nome do faladoiro do Café Gijón de Madrid da man do actor e escritor Fernando Fernán Gómez en 1949.

A idea orixinal dos impulsores do proxecto (xunto a Fernán Gómez estaban Gerardo Diego, Camilo José Cela e Enrique Jardiel Poncela, entre outros) foi crear un premio que competise co Premio Nadal en novela curta e dese a coñecer aos compoñentes da xeración que se reunía en torno ao que sería mítico café.

O premio era xestionado polo propio Café Gijón e o seu prestixio tivo que ver máis coa difusión e calidade dos autores que coa retribución que por el se recibía, dado que en moitas ocasións as obras galardoadas non eran publicadas por falta de fondos. A partir de finais da década dos setenta sufriu unha grave crise, tanto económica como de compromiso dos impulsores. A falta de patrocinio e difusión posterior foron un grave inconveniente que non puido salvarse coas ocasionais axudas e compromisos de editoriais e medios de comunicación.

A revitalización do premio produciuse en 1989, cando o Concello de Xixón fíxose cargo da organización do mesmo.

Palmarés editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar