Pratt & Whitney PW1000G

O Pratt & Whitney PW1000G é unha familia de motores turboventilador de engrenaxes de alto índice de derivación, seleccionado como motor exclusivo para a Bombardier CSeries, o Mitsubishi Regional Jet (MRJ) e a segunda xeración dos E-Jets de Embraer, ademais de ser unha opción para o Irkut MC-21 e a familia Airbus A320neo. O proxecto foi anteriormente coñecido como o Geared Turbofan (GTF), e orixinalmente como o Advanced Technology Fan Integrator (ATFI). Agárdase que o motor consuma menos combustible e reduza o nivel de ruído en terra cando se use en avións de nova xeración. O PW1000G entrou en servizo comercial en xaneiro de 2016 co primeiro voo dun A320neo de Lufthansa.[1]

Pratt & Whitney PW1000G
Tipoturboventilador de engrenaxes
FabricantePratt & Whitney
Primeiro encendido2008
Principais aplicaciósFamilia Airbus A320neo
Bombardier CSeries
Embraer E-Jets E2
Irkut MC-21
Mitsubishi Regional Jet

Notas editar

  1. Airways Mag (ed.). "Onboard Lufthansa’s First Airbus A320neo Flight". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018.