O prato principal dunha comida, adoita representar o principal alimento, que polo seu tamaño ou relevancia, é servido a parte. Por regra xeral, adoita servirse logo dos entremeses (Entrée) ou ensaladas.[1] O prato principal dun menú adoita consistir no máis contundente, o máis complexo ou elaborado, o máis saboroso. Adoita estar composto de carne, peixe e nalgunhas ocasións de verdura. Os pratos precedentes adoitan ser de menor tamaño e importancia, por regra xeral está composto de sopas, ensaladas e/ou aperitivos diversos.

Pito con mollo de pemento, típico prato principal da cociña húngara.

Características editar

No deseño do menú, o prato principal adoita ocupar na secuencia de pratos servidos unha posición de clímax, en tal deseño os pratos precedentes adoitan ter características que 'reforzan' a aparición en escena do prato principal. Dende un punto de vista fisiolóxico, os pratos precedentes adoitan ter a misión de acougar o apetito e relaxar o ambiente co obxecto de mostrar o prato principal.

Notas editar

  1. Julia Child, Louisette Bertholle, Simon Beck, (Julia Child, Louisette Bertholle, Simon Beck, Mastering the Art of French Cooking, 1967), «Mastering the Art of French Cooking»,

Véxase tamén editar

Bibliografía editar