Prata metanamina de Gomori

A prata metanamina de Gomori é unha das tinguiduras especiais para fungos máis empregada. A reacción tintorial é debida a que, en presenza de ácido periódico, os polisacáridos da parede celular dos fungos son oxidados a aldehidos; estes, á súa vez, reducen o complexo nitrato-prata metanamina producindo unha coloración de cor café a negra, debido ó depósito da prata reducida nos lugares de localización dos aldehidos.

Tamén se utiliza para a identificación da melanina. Este pigmento é producido na pel polos melanocitos. Nos humanos a melanina atópase na pel, cabelo, e no recubrimento da retina. Aínda que os seres humanos xeralmente posúen unha concentración similar de melanocitos na súa pel, nalgúns individuos e nalgunhas etnias expresan máis frecuentemente o xene produtor de melanina, polo que isto produce unha maior concentración de melanina na pel.

Preparación da mostra editar

O tecido debe ser fixado en formol para obter mellores resultados, e seccionado a 5 microns.

Reactivos editar

  1. Solución de ácido bórico (solución A):
    1. 3,09 g de ácido bórico
    2. 250 cc de auga destilada
  1. Solución de tetraborato sódico (solución B):
    1. 4,77 g de tetraborato sódico
    2. 250 cc de auga destilada
  1. Solución buffer borato (comprobar que o pH sexa 8,2)
    1. 13 cc de solución A
    2. 7 cc de solución B
  1. Solución de prata metanamina
    1. 42,5 cc de metanamina (hexametilentetranamina) 3%
    2. 2,5 cc de nitrato de prata 5%
    3. 12 cc de buffer borato (pH 8,2)

Procedemento editar

Debe evitarse, durante todo o proceso, o uso de instrumentos metálicos xa que a prata precipitaría sobre eles.

  1. Desparafinar e hidratar.
  2. Engadir ácido periódico 0,5%, 12 minutos.
  3. Lavar con auga destilada.
  4. Mergullar os cortes na solución de prata metanamina, 1 hora mínimo a 60 °C; a partir deste tempo comprobar regularmente ó microscopio.
  5. Lavar con auga destilada.
  6. Engadir cloruro de ouro, 1 minuto.
  7. Lavar con auga destilada.
  8. Engadir tiosulfato sódico 3%, 1-2 minutos.
  9. Lavar con auga corrente.
  10. Tinguidura de contraste (vermello nuclear, hematoxilina, verde luz...), 1 minuto.
  11. Deshidratar, aclarar, montar.

Resultados editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sheehan, Dezna; Hrapchak, Barbara (1980). Theory and practice of Histotechnology. The C.V. Mosby Company (2 Ed ed.). 
  • ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnológicos. Instituto de patología de las Fuerzas Armadas de los EEUU (AFIP). 
  • Arango Arteaga, Myrtha; Castañeda del Gordo, Elizabeth (2003). ARP, ed. Micosis humanas: Procedimientos diagnósticos; exámenes directos. Corporación para Investigaciones Biológicas (2 ed.). ISBN 9789589400708. 

Ligazóns externas editar