Praia de Silgar

areal en Sanxenxo

A Praia de Silgar é un areal galego situado no tramo de costa urbano do concello pontevedrés de Sanxenxo. Ten unha extensión de 750 metros e é acompañada de punta a punta polo paseo marítimo homónimo.[1]

Praia de Silgar
Vista da praia de Silgar.
Coordenadas: 42°24′03″N 8°48′42″O / 42.40073, -8.81157
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónSanxenxo
Lonxitude750 m
Largo medio80 m
Grao de ocupaciónMoi alto
Grao de urbanizaciónPraia urbana
Paseo marítimo
Características específicas
ComposiciónArea
Tipo de areaFina e branca
Condicións do bañoOndada moderada, apouvigada
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Tipo de accesoFácil a pé
Sinalización do acceso

Está separada da praia de Baltar, na parroquia de Portonovo, por un saínte de terra coñecido como Punta do Vicaño.

Neste areal atópase, situada nunha rocha a poucos metros da costa, a estatua de Madama, obra do artista Alfonso Vilar Lamelas.[2]

Galería de fotos editar

Notas editar

  1. "Ficha da Praia de Silgar.". Turgalicia. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  2. "A esencia roubada da Madama.". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar