Praia de Ondarreta

A praia de Ondarreta é unha praia urbana da cidade de Donostia (Guipúscoa) situada na baía da Concha.

Praia de Ondarreta
Coordenadas: 43°19′00″N 2°00′07″O / 43.3167, -2.00187
Praia de Ondarreta

Características editar

Ondarreta é a máis occidental das praias donostiarras, e a de menor tamaño en canto a lonxitude, mais a súa largura media é maior que a praia de La Concha por estar menos exposta á variación das mareas, e de feito, a súa superficie media é dun 60.000 m², uns 6.000 m² máis que a de La Concha.

O seu perfil é máis xuvenil e informal que o da praia de La Concha, aínda que o seu uso é igualmente masivo. Antes da reforma profunda acometida na praia de Zurriola era frecuentada para a práctica do surf, que hoxe se trasladou por completo a esta última. A praia dispón de vestiarios, duchas e baños públicos e dunha cafetería.

O paseo de Ondarreta, que bordea a praia, dispón de varios tramos coa famosa varanda de La Concha, mentres que outros están abertos á praia, ao ser a diferenza de cotas entre ambos duns poucos metros. Xunto ao paseo hai uns xardíns nos que se atopa unha escultura de comezos do século XX da raíña María Cristina. Os edificios cuxas fachadas dan ao paseo teñen pouca altura: trátase de vilas independentes de poucos pisos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar