Praia de Areas

praia no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

A praia de Areas é un areal galego do concello de Sanxenxo, situado na ría de Pontevedra.

Praia de Areas
Coordenadas: 42°23′30″N 8°46′37″O / 42.39171, -8.77696
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónPortonovo
Lonxitude830 m
Largo medio55 m
Grao de ocupaciónMoi alto
Grao de urbanizaciónMedia
Características específicas
ComposiciónArea
Tipo de areaFina e branca
Condicións do bañoOndada bastante moderada
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Tipo de accesoFácil a pé
Sinalización do acceso

Ten unha forma rectilínea e semicurva nun extremo e está situada nun ámbito urbano de baixa densidade de poboación, maioritariamente flotante ou estacional. Limitada no extremo este pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro. Composta por area branca e fina. Recollida dos ventos, con augas tranquilas propicias para realizar deportes acuáticos: esquí acuático, vela, motonáutica, windsurf (con límite á praia de 200 metros). Existe un fondeadoiro para embarcacións.

No seu extremo oriental atópase a Punta de Areas que delimita a ría interior da exterior.

Acceso editar

Dende Sanxenxo, tomar a estrada C-550 dirección a Pontevedra, en Areas, tomar desvío sinalizado á dereita á praia.