Portunus (chamado tamén Portunes) era, na mitoloxía romana, o deus das portas e das chaves, protector dos depósitos de trigo sitos nas beiras do río Tíber.

Templo de Portunus en Roma

Atribucións editar

O seu atributo é unha chave. Foi asociado ás veces ao deus grego Melicertes ou Palemón e herdou tamén o título de deus dos portos e dos navegantes.

Templo e culto editar

O seu templo (denominado tamén templo da Fortuna Viril) está situado preto do Forum Boarium. As súas festas eran as Portunalia, conmemoradas no 17 de agosto, durante as cales botábanse chaves no lume para se protexer de malos fados.