O portuñol é unha interlingua ou lingua de confluencia orixinada a partir da mestura de palabras da lingua portuguesa e da lingua castelá, linguas que teñen orixe no latín, moi común en cidades de fronteira entre países de lingua portuguesa e castelá.

O portuñol americano.

Debido á semellanza entre ambas as dúas linguas derivada de posuíren como lingua materna o latín, é moi común ás persoas que dominan unha desas linguas sentírense confortábeis para falar na outra imaxinando que basta con trocar unha palabra de portugués para a súa correspondente en castelán ou viceversa, sen ter en conta a gramática e a concordancia.

É importante resaltar a dificultade de se clasificar o chamado "portuñol" como unha "lingua", visto que non presenta unha constancia de regras e termos, podendo variar de acordo con cada falante. No caso do castelán e portugués, é certamente unha maneira de se falar.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar