Portela, Cuntis

parroquia civil do concello de Cuntis

Santa Eulalia de Portela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 210 habitantes (117 mulleres e 93 homes), 101 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 327 persoas.

Portela
Igrexa de Santa Eulalia de Portela.
ConcelloCuntis[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°40′50″N 8°33′13″O / 42.68055556, -8.55361111Coordenadas: 42°40′50″N 8°33′13″O / 42.68055556, -8.55361111
Área6,2 km²
Poboación210 hab. (2011)
Densidade33,87 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Situación editar

A parroquia sitúase preto da portela que separa os vales do Vea (afluente do Ulla) e do Gallo (afluente do Umia), na parte alta deste último e na súa ribeira dereita xunto cos lugares da Casa da Cruz, Ferreiros, Piñeiro, A Casiña e A Anllada (pertencentes a Arcos de Furcos) e a parroquia toda de Couselo.

De leste para oeste sitúanse Loureiro de Arriba (na parte esquerda do collado mirando cara ao val do Gallo), Loureiro de Abaixo, Novás (estes dous xa na parte central) e Portela (na parte esquerda e nas abas de Pedra Lobeira, na serra de Xesteiras). O rego Carbáns (afluente do Gallo) ten o seu nacemento nas proximidades da pista asfaltada que une Portela con Novás, xunto á escola infantil. Dito rego xunto cos seus regatos tributarios desemboca, xunto ó rego Sequeiros que ven de Couselo, no río Gallo nunha paraxe preto do lugar da Anllada (Arcos de Furcos).

A N-640 pasa polo medio do núcleo de Novás e nel conéctase coa estrada que baixa polas curvas da Bragada en dirección ó Souto de Vea (A Estrada) e Santiago de Compostela.

Patrimonio editar

Preto de Loureiro de Arriba e da veciña aldea do Piñeiro (parroquia de Arcos de Furcos) atópanse os castros de Castroloureiro e da Aurela, no medio dun eucaliptal e aínda soterrados baixo terra, o primeiro na marxe dereita do val do rego Freixiño (xunto con Loureiro de Riba) e o segundo na esquerda (xunto co Piñeiro).

Destaca-la capela da Nosa Señora de Loreto, situada en Loureiro de Abaixo, e a igrexa parroquial de Santa Eulalia, situada no lugar de Portela. Tamén o conxunto de 7 muíños fariñeiros no regato que discorre polo medio do lugar de Portela, aínda que en mal estado de conservación.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Portela editar

Lugares da parroquia de Portela no concello de Cuntis (Pontevedra)

Loureiro de Abaixo | Loureiro de Arriba | Novás | Portela

Parroquias de Cuntis editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cuntis

Arcos (San Breixo) | Cequeril (Santa María) | Couselo (San Miguel) | Cuntis (Santa María) | Estacas (San Fiz) | Piñeiro (San Mamede) | Portela (Santa Eulalia) | Troáns (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar