Portal:Sistema Solar

O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.

O Sistema Solar formouse hai uns 4 600 millóns de anos. a partir do colapso dunha nube molecular. O material residual orixinou un disco circunestelar protoplanetario no que tiveron lugar os procesos físicos que levaron á formación dos planetas. O Sistema Solar está situado no Brazo de Orión, a uns 28 000 anos luz do centro da galaxia.

Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoníaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".

O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoníaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións.

Artigo destacado

editar

Esta cronoloxía do descubrimento dos planetas do sistema solar e os seus satélites naturais rexistra o progreso no descubrimento de novos corpos celestes no transcurso da historia.

Nas táboas que aparecen a continuación, os satélites indícanse en letra grosa (por exemplo Lúa), mentres que os planetas que orbitan o Sol, tanto maiores como menores, están en cursiva (por exemplo a Terra). Os cadros están ordenados segundo a data de publicación/anuncio dos descubrimentos; as devanditas datas indícanse acompañadas dos seguintes símbolos:

  • i: para a data da primeira imaxe rexistrada (fotográfica etc.);
  • o: para a data da primeira observación visual efectuada polo ser humano, xa sexa mediante un telescopio ou unha emulsión fotográfica (o verdadeiro intre do «descubrimento»);
  • p: para a data de anuncio ou publicación do descubrimento.


c
Artigos de calidade e bos
Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados co sistema solar? Proba buscando nas seguintes categorías:

Categorías de Sistema solar

Non se atopou a categoría "Sistema Solar"
Imaxe destacada

editar

Detalle da atmosfera de Xúpiter captada pola sonda espacial Voyager 1.


Sabías que...?

editar



Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons