A India (en hindi: Bharat), oficialmente República da India (Bharat Ganrajya), é un Estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo Océano Índico ao sur, o Mar de Arabia ao suroeste e a Baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7.517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; China, Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No Océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Delhi.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o Hinduísmo, o Budismo, o Xainismo e o Sikhismo, ademais no primeiro mileno (EC) chegaron o Xudaísmo, o Zoroastrismo, o Cristianismo e o Islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gradualmente incoporada e posta baixo administración da Compañía Británica das Indias Orientais desde comezos do século XVIII e directamente administrada polo Reino Unido desde mediados do XIX, a India converteuse nun Estado independente en 1947 despois da loita pola independencia marcada pola resistencia non violenta liderada por Mahatma Gandhi.

A India é unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Artigo destacado

editar

O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal (que en persa significa «a xoia do palacio»), que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur.

Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán. Ten incrustadas pedras semi-preciosas, tales como o lapislázuli entre outras. A súa cúpula ten fíos de ouro. O edificio está flanqueado por dúas mesquitas e cercado por catro minaretes.

Suponse que o emperador pretendía facer para el unha réplica do Taj Mahal orixinal na outra marxe do río, en mármore negro, pero acabou deposto por un dos seus fillos antes do suposto comezo de tal obra.

O 7 de xullo de 2007 foi nomeada en Lisboa unha das sete marabillas do mundo moderno.

Cidade destacada

editar

Delhi (hindi: दिल्ली, urdú: دہلی ou دلّی) é unha cidade de India, dentro do National Capital Territory, que de feito constitúe parte da súa área metropolitana e onde se atopa Nova Deli, capital do país, como un barrio da vella e gran metrópole. Con 11.007.835 habitantes (2011), Delhi é a segunda cidade máis poboada da India por detrás de Bombai. Con todo, a súa área metropolitana conta con 21.753.486 de habitantes en 2011, o que convirte á área metropolitana de Delhi na maior do país e na terceira maior do mundo.

A área de Delhi provablemente estivo habitada antes do segundo milenio antes da Era Contemporánea e hai evidencias de que foi habitada de xeito continuo dende canto menos o século VI a.C. No lugar teñen existido cidades dende tempos míticos, pero a súa relevancia histórica comeza cando os musulmáns invasores da India a elixen como capital. Despois, nun ritmo sen pausa de destrución e reconstrución alcada o seu esplendor como capital da dinastía Mogol no século XVII cando se constrúe o Forte Roxo. En 1857 a cidade caeu no poder dos británicos, que pouco despois trasladaron a capital da India a Calcuta. Mais no 1911, a posición estratéxica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperación da capitalidade. Porén, fíxose necesario un espazo urbano máis axeitado para a esa función. Por iso, seguindo ademais unha tradición milenaria, decidiuse a planificación dunha nova cidade, nacendo así entre 1929 e 1931 New Delhi (Nova Delhi) ao sur da capital mogola. Trala independencia do país en 1947, Nova Delhi pasou a ser a súa capital oficial.

Delhi sitúase no norte do subcontinente indio, á beira do río Yamuna, un dos grandes afluentes do Ganxes.

Categorías
Biografía destacada

editar

Mohandas Karamchand Gandhi (en guxarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.

Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando a outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).

Gandhi nunca recibiu o premio Nobel da Paz, a pesar de ter sido proposto como candidato cinco veces entre 1937 e 1948.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

O Kangchenjunga dende Gangtok.

  • ... o Kangchenjunga (na imaxe), na fronteira entre Sikkim e Nepal é a montaña máis alta da India e a terceira maior do mundo?
  • ... India ten a terceira maior poboación musulmá do mundo e a maior poboación musulmá para un país de maioría non musulmá?
  • ... as primeiras obras literarias da India foron escritas en torno ao ano 1.400 a. C. e foron escritas en sánscrito?


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons