Portal:Illa de Man

Portal da Illa de Man

A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é o rei Carlos III, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.

A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seis nacións celtas, ten grande influencia cultural gaélica dende o século V, e fálase a lingua manx, da familia lingüística goidélica. En 627, Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte de Mercia. No século IX, os pobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos de Escocia estableceron o Reino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas". Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización das Hébridas entre 1099 e 1103. Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte de Escocia, formalizado no Tratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os de Inglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte de Gran Bretaña ou o posterior Reino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.

Artigo destacado

editar

A Bandeira da Illa de Man (en manés brattagh Vannin) é un tríscele composto por tres pernas con armaduras sobre un fondo vermello. É a bandeira oficial de Man dende 1931 e está baseado no escudo da Illa de Man, que data do século XIII. As tres pernas son coñecidas en manés como ny tree cassyn. O trícele é un símbolo antigo do cal se descoñecen os motivos da súa adopción. Antes da súa adopción en 1931, a bandeira oficial da Illa de Man era a Union Flag.

A illa tamén ten unha bandeira civil. Estoutra foi autorizada por vez primeira o 27 de agosto de 1971. Outra bandeira manesa é a que representa o Tynwald, o Parlamento da illa, que ondea nos edificios lexislativos dende 1971.

Lugar de interese

editar

Snaefell é a montaña máis alta (621 m) e a única superior a 2000 pés da Illa de Man. Dise que nun día despexado pódense ver seis reinos dende o seu cumio: Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man e o Ceo.

O ferrocarril de montaña de Snaefell percorre as catro millas dende Laxey ó cumio. O cume está coroado por unha cafetería e varias antenas de comunicacións.

A estrada de montaña A18 pasa polas pendentes do Snaefell, e é a sección máis alta da Pista de Montaña de Snaefell sobre a cal celébrase a Isle of Man TT Races (carreira de motociclismo).

Hai montañas en Islandia chamadas Snæfell (nótese a suave diferenza de pronunciación), incluíndo a montaña baixo o famoso glaciar Snæfellsjökull. A voz "Snaefell" semella significar "Cume nevada"

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

Gato manx de comezos do século XX.
Vexa o artigo de gato manx.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Samantha Jane Barks, nada o 2 de outubro de 1990 en Laxey, é unha actriz e cantante manx principalmente coñecida por interpretar a Éponine no filme de 2012 Les Misérables. Saltou á fama despois de ocupar o terceiro lugar na serie de televisión temática da BBC I'd Do Anything en 2008. En 2012, protagonizou xunto a Jonathan Bailey a serie de Disney Channel Groove High, e fixo o seu debut cinematográfico como Éponine na versión cinematográfica do musical Les Misérables.

A súa actuación en Les Misérables foi moi aclamada e obtivo nomeamentos ao Screen Actors Guild Award á mellor interpretación dun elenco nun filme, ao Satellite Award á mellor actriz secundaria - Película e ao Broadcast Film Critics Association Award ao mellor conxunto actoral, e gañou o Empire Award á Mellor Revelación Feminina e compartiu o National Board of Review Award ao Mellor Elenco.

Sabías que...?

editar

Placa dos Bee Gees.

  • ...que a capital da Illa de Man, Douglas é o lugar de nacemento dos membros dos Bee Gees, Maurice, Robin e Barry Gibb?


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario