Hoxe é venres, 19 de abril de 2024
Benvido(a) ao portal Galicia, a portada temática sobre Galicia, da Wikipedia en lingua galega.


O desenvolvemento do portal Galicia, ao igual que o resto do contido da Wikipedia, está aberto a toda persoa interesada en contribuír.   Xa temos máis de 33.333 artigos relacionados con Galicia.

Benvida Guía Preguntas frecuentes Políticas Axuda

Galicia ou Galiza é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española e con estatuto de nacionalidade histórica no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.


← O mes pasado  O mes que vén →
Vexa o mes de abril na cultura popular galega




Portada da enciclopedia ]