O ballet ou danza clásica é un xénero dramático cuxa acción se representa por medio de pantomimas e danzas. É, tamén, o nome específico dado a unha forma concreta de danza e a súa técnica. Segundo as épocas, os países ou as correntes o espectáculo coreográfico pode incluír ademais de danza e música (de orquestra e coral), mímica, texto, decorados e maquinaria. Tamén se utiliza o termo ballet para designar á peza musical composta para que ser interpretada por medio da danza. O ballet está considerado como unha das artes escénicas.

O ballet pode ser unha peza autónoma, mais tamén se pode intercalar entre as escenas dunha ópera ou dunha obra de teatro a modo de divertimento.

Artigo destacado

editar

Un tutú é unha saia feita con diversas capas de tul ou dun tecido similar como a gasa, que levan habitualmente as danza clásica. Pode ser moi sinxelo, dunha soa cor, e que se pon por riba do maillot abrochado cunha cinta, un botón ou unha cremalleira, aínda que os hai de moitas cores, con engadidos e brocados. Os dos espectáculos, e algúns de simples, van diréctamente cosidos ao vestido, como se fose unha soa peza, e neste caso pódese considerar que todo o vestido é un tutú, a pesar de que estríctamente só o é a saia. Acostuma a levar mitóns ou manguiñas a xogo, especialmente se o maillot, ou eventualmente o corsé, é sen mangas, e ás veces a indumentaria acaba cunha ligadura na cabeza.

Os primeiros tutús apareceron no século XIX, sendo popularizado en 1832 por Marie Taglioni (de quen se pensa que pode ser a súa inventora), e pronto se converteu no uniforme por excelencia das bailarinas. Co paso do tempo o deseño do tutú foi evolucionando, o que provocou a aparición de tutús máis ou menos curtos e con distintas formas.

Imaxe destacada

editar

Os bailaríns e cantantes do Bolshi sobre o escenario ao final da reinauguración do Teatro Bolshoi en outubro de 2011.
Vexa o artigo Ballet do Bolshoi


Categorías


Personalidade destacada

editar

Mikhail Nikolaevich Baryshnikov (en ruso Михаил Николаевич Барышников), nado o 28 de xaneiro de 1948 en Riga (actualmente en Letonia e daquela na República Socialista Soviética de Letonia, Unión Soviética), é un bailarín, coreógrafo e actor de orixe rusa e naturalizado estadounidense. Estivo casado coa actriz Jessica Lange, coa que tivo unha filla antes da súa separación.

Tras formarse na Escola de Ballet da Ópera de Riga e na Academia Vaganova, comezou a súa carreira profesional no Ballet Kirov de Leningrado (actual San Petersburgo). En 1974, durante unha xira por Canadá, solicitou asilo político en Toronto, marchando dous anos despois aos Estados Unidos, onde tras formar parte de varias compañías pasou a formar parte do American Ballet Theatre. En 1977, foi nominado para o Oscar ó mellor actor secundario e obtivo unha nominación aos Globos de Ouro polo seu papel de "Yuri Kopeikine" na película The Turning Point.

Sabías que...
Artigos de calidade e bos

editar Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)


Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario