Porta da India, Mumbai

A Porta da India ou Gateway of India é un arco de triunfo que se ergue na parte sur da cidade india de Mumbai (tamén coñecida como Bombai), nunha explanada fronte ao mar.

Gateway of India ou Porta da India

Características editar

Deseñado en estilo indo-mouro polo arquitecto escocés George Wittet (1878-1926), foi levantado para commemorar a visita do rei Xurxo V e da raíña Mary a Bombai, antes do darbâr (ou audiencia pública) de Delhi en decembro de 1911.[1] Utilizouse para construíla basalto amarelo de Kharodi reforzado con formigón armado. A cúpula central ten 15 metros de diámetro e acada 26 metros de altura no seu punto máis alto.

Sita no porto da cidade, a Porta estaba pensada para formar parte dun conxunto máis amplo e que non foi nunca construído por falta de fondos. A mesma porta non foi en realidade rematada por completo até 1924 e inaugurada o 4 de decembro dese mesmo ano polo vicerrei Rufus Isaacs, conde de Reading. As derradeiras tropas británicas que saíron da India, xa independizada, pasaron baixo a Porta o 28 de febreiro de 1948.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar