Porsche no automobilismo

Porsche tivo éxito en moitas ramas do automobilismo das cales a maioría foron nas carreiras de longa distancia.

Porsche 911 Carrera RSR gañador da Targa Florio de 1973 cas cores de Martini Racing no Goodwood Festival of Speed de 2006.
Porsche 956 e 962C, un coma este coa librea Jägermeister, gañou as 24 Horas de Le Mans seis anos consecutivos na década de 1980.

Malia a súa temperá participación no automobilismo, limitouse a fornecer pequenos motores a equipos privados ata finais de 1960, a mediados da década de 1950 Porsche xa saboreara un éxito moderado no reino das carreiras de automóbiles deportivos, sobre todo na Carreira Panamericana e na Targa Florio, carreiras clásicas que máis tarde foron utilizados na denominación dos coches de estrada. O Porsche 917 de 1969 converteunos nunha potencia, gañando en 1970 a primeira de máis dunha ducia de 24 Horas de Le Mans, máis que calquera outra compañía. Cos 911 Carrera RS e o Porsche 935 Turbo, Porsche dominou a década de 1970, e ata gañou a prototipos deportivos, unha categoría na que Porsche entrou cos exitosos modelos 936, 956 e 962.

Porsche é actualmente o fabricante de coches de carreiras máis grande do mundo. En 2006, Porsche construíu 195 coches de carreiras para varios eventos deportivos internacionais do automóbil, e en 2007 Porsche construíu non menos de 275 autos de carreira dedicados (7 vehículos prototipos RS Spyder LMP2, 37 GT2 spec 911 GT3-RSRs, e 231 911 GT3 Cup).[1]

Porsche considera ás carreiras como unha parte esencial do permanente desenvolvemento de enxeñería, e tradicionalmente é moi raro que os coches de carreiras de Porsche aparezan en carreiras consecutivas cas mesmas especificacións. Case invariablemente, desenvólvense algúns aspectos do coche, xa sexa para os futuros programas de carreiras ou como proba de concepto para os futuros coches de estrada.

Primeiros anos editar

Durante os anos 1950 e 1960, como Porsche só tiña coches de estrada e de carreiras de pequena cilindrada, acadaron moitas vitorias nas súas clases, e ocasionalmente tamén vitorias na xeral contra coches máis potentes, sobre todo gañaron a Targa Florio en 1956, 1959, 1960, 1964, e todos os anos desde 1966 ata 1970 con Prototipos que carecían de potencia con respecto á competencia, pero que compensaban, con fiabilidade, baixa resistencia, baixo peso e bo manexo.[Cómpre referencia]

Na súa publicación, de setembro de 2003 a revista "Excellence" identificaba a Lake Underwood como o xigante tranquilo de Porsche nos Estados Unidos[2] e un dos catro pilotos, xunto a Art Bunker, Bob Holbert e Charlie Wallace identificados polo Porsche club of America por facer de Porsche un mataxigantes nos Estados Unidos durante a década de 1950 e principios de 1960.[3] Os primeiros éxitos notables nos Estados Unidos tamén incluíron unha vitoria na xeral na Road America 500 de 1964 para menos de 2 litros do RS-60 pilotado por Bill Wuesthoff e Augie Pabst.

Porsche comezou a competir con coches lixeiros, tuneados derivados do coche de estrada 356, pero rapidamente pasou a facer automóbiles dedicados as carreiras, cos modelos 550, 718, RS, e RSK como columna vertebral do programa de carreiras da compañía a mediados de 1960. A serie de coches 90x nos anos 60 viu como Porsche comezaba a expandirse, de gañar nas categorías menores pasaron a ter unha posibilidade de vitorias xerais nas carreiras máis duras onde a resistencia e o manexo importaban, e logo a ser probables vencedores na xeral. Os motores non superan os dous litros ata que os creadores dos regulamentos limitaron a capacidade da clase prototipo a 3 litros a partir de 1967, cando as series de catro litros do Ferrari P e a serie de sete litros do Ford GT40 convertéronse en demasiado rápidas. Primeiro, Porsche ampliou o seu motor de 8 cilindros en liña de 2´2 litros no 907, logo desenvolveu o 908 con tres litros plenos en 1968. Sobre a base deste motor de 8 cilindros en liña e unha lagoa nas normas, presentouse o 917 un 12 cilindros en liña de 4´5 litros en 1969, co tempo ampliouse a cinco litros, e máis tarde ata os 5´4 con turbo. Nuns anos, o Porsche 917 crecera desde as series menores a ser o provedor dos coches de carreiras máis rápidos (380 km/h en Le Mans) e máis potentes (1580 hp en CanAm) do mundo.[Cómpre referencia]

Cinco décadas de éxito do Porsche 911 editar

Malia que presentouse en 1963, e gañou o de Rally de Monte Carlo, o Porsche 911 clásico (construído ata 1989) baseou a súa reputación na produción para as carreiras de ruta, principalmente na década de 1970.

  • Porsche 911 Carrera RSR, gañador da Targa Florio, Daytona e Sebring a mediados da década de 1970
  • Porsche 934
  • Porsche 935, gañador en Le Mans 1979

Debido ás normas, o 911 non se utilizou moito na década de 1980, pero regresou na década de 1990 como o Porsche 993, do mesmo xeito que o modelo turbo GT2. A serie Porsche 996 refrixerado por auga, converteuse nun éxito na competición logo da presentación da variante GT3 en 1999.

Éxitos nas 24 Horas de Le Mans editar

 
O 917 deu a Porsche as súas primeiras 24 Horas de Le Mans gañando en 1970.

O Porsche 917 é considerado un dos coches de carreiras máis icónicos de todos os tempos e deu a Porsche a súa primeira vitoria nas 24 Horas de Le Mans, cas versións convertibles deste chamadas Can-Am. Logo de dominar os Grupos 4, 5 e 6 na década de 1970 cos 934 e 935 e o prototipo 936 baseados no 911, Porsche pasou a dominar o Grupo C e a IMSA GTP na década de 1980 co Porsche 956 / 962C, un dos prototipos máis prolíficos e exitosos xamais producidos.

Porsche obtivo un par de inesperadas vitorias en Le Mans en 1996 e 1997. Planeouse o regreso á competición de prototipos nos Estados Unidos para o ano 1995 cun chasis Tom Walkinshaw Racing anteriormente utilizado polo Jaguar XJR-14 e o Mazda MXR-01 equipado cun motor de Porsche. Cambios nas regras da IMSA deixaron este coche fóra da competición e o equipo privado Joest Racing correu cos coches en Europa durante dous anos, gañaron o back-to-back Le Mans co mesmo chasis, denominado Porsche WSC-95. Esta é unha fazaña que Porsche tamén alcanzara na era do 956, en contraste coas décadas de 1960 e 1970, onde a maioría dos coches corrían só unha ou dúas carreiras para o equipo oficial antes de ser vendidos.

Desde que gañou a xeral en 1998 co Porsche 911 GT1 - 98, Porsche non tratou de acadar vitorias xerais en Le Mans ou nas carreiras de autos deportivos similares, centrándose nas clases máis pequenas e no desenvolvemento do 996 GT3 refrixerado por auga. Con todo, o GT3 e o RS Spyder LMP2 gañaron importantes carreiras desde entón. Porsche regresou ao primeiro nivel de carreiras de Le Mans en 2014 co 919, pero os dous coches experimentaron problemas de motor descoñecidos perdendo unha hora e media e retirouse xusto cando o coche # 20 era perseguido polo # 1 de Audi no primeiro lugar.

Equipos e patrocinio editar

 
O orixinal Porsche 935/78 Moby Dick coa librea Martini Racing na Porsche Rennsport Reunion IV.

Na década de 1960, Porsche converteuse nun importante competidor nas carreiras de autos deportivos, ás veces presentaba media ducia de coches que pronto eran vendidos aos clientes. Ademais do equipo da fábrica, que se auto denomina Porsche AG ou Porsche System Engineering desde 1961 con sede en Austria, en 1969 creouse Porsche Salzburg como un segundo equipo oficial para compartir a carga de traballo, proporcionando a tan buscada primeira vitoria xeral en Le Mans, en 1970. Martini Racing e Gulf Racing de John Wyer foron os outros equipos que recibiron apoio da fábrica, o que permitiu a Zuffenhausen centrarse no desenvolvemento, mentres que os equipos proporcionaban os fondos de patrocinio e man de obra para estar presentes e con éxito en moitas carreiras internacionais. Na CanAm, Porsche cooperou con Penske, mentres que na Deutsche Rennsportmeisterschaft, clientes como Kremer Racing, Georg Loos e Joest Racing gozaron de diversos graos de apoio de fábrica. Logo de aparecer como Martini Porsche a mediados da década de 1970, a fábrica presentouse como Rothmans Porsche a mediados da década de 1980.

Moitos coches Porsche de carreiras participan en equipos privados dos clientes, fináncianse e corren sen ningún apoio da fábrica, gañando frecuentemente aos da propia fábrica.

Recentemente, os 996-xeración 911 GT3 dominaron a súa clase en Le Mans e nas carreiras similares de resistencia e GT. A finais de 1990 viu o rexurdimento do éxito nas carreiras para Porsche con The Racer's Group, un equipo propiedade de Kevin Buckler no norte de California. En 2002, Buckler gañou as 24 Horas de Daytona Clase GT e as 24 Horas de Le Mans GT Class. En 2003, un 911 de The Racers Group (TRG) converteuse no primeiro vehículo GT Class desde 1977 en lograr a vitoria na xeral das 24 Horas de Daytona.

Rally editar

 
Porsche 924 GTS de 1981 pilotado por Walter Röhrl no Rally de Alemaña de 2008.

As diferentes versións do 911 resultaron ser un serio competidor nos rallies. o equipo de fábrica de Porsche estivo ocasionalmente presente nos rallies da década de 1960 a finais de 1970. En 1967, o piloto polaco Sobiesław Zasada pilotaba un 912 para lograr o Campionato de Europa de Rallyes do Grupo 1 de turismos de serie.[4] Porsche logrou tres vitorias dobres no Rally de Monte Carlo, en 1968 con Vic Elford e Pauli Toivonen, e en 1969 e 1970 con Björn Waldegård e Gérard Larrousse. En 1970, Porsche tamén superou a Alpine-Renault para gañar o Campionato Internacional de Marcas (IMC), o predecesor do Campionato do Mundo de Rallyes (CMR). O primeiro podio de Porsche no WRC foi Leo Kinnunen no terceiro lugar no Rally dos 1000 Lagos de 1973.

Aínda que o equipo de fábrica de Porsche retirouse do WRC sen ningunha vitoria no seu haber, os mellores 911 privados estaban a miúdo preto dos coches de fábrica doutras marcas. Jean-Pierre Nicolas logrou gañar o Rally de Montecarlo de 1978 cun 911 SC privado, a segunda de Porsche, e ata agora a última vitoria na CMR chegou no Tour de Corse de 1980 nas mans de Jean-Luc Thérier. No Campionato de Europa de Rallyes, o 911 gañou cinco títulos, e en data tan tardía como 1984, Henri Toivonen levou o seu 911 SC RS Prodrive patrocinado por Rothmans ao segundo lugar detrás de Carlo Capone no Lancia Rally 037. En 1984 e 1986, o equipo de fábrica de Porsche gañou o Rally París Dakar, utilizando tamén o Porsche 959 Grupo B superdeportivo derivado do 911.

Fórmula Un editar

 
1962 Porsche 804
 
McLaren MP4 / 2 de Fórmula Un, propulsado por un motor TAG-Porsche

Malia Ferdinand Porsche deseñara coches de Gran Premio nos anos 1920 e 1930 para Mercedes e Auto Union, Porsche AG nunca se sentiu un fabricante de monoprazas.

O Porsche 718 RSK, un deportivo bipraza, a finais de 1950 tamén participou en carreiras de Fórmula Dúas, as regras permitían isto, e os tempos de volta eran prometedores. O primeiro 718 foi modificado movendo o asento ao centro do coche, a continuación, construíronse tamén monoprazas adecuados. Estes coches de 1500 cc gozaron de certo éxito. Os ex F2 foron trasladados ata a Fórmula Un en 1961, onde o anticuado deseño de Porsche non era competitivo. Para 1962, desenvolveron un novo motor de oito cilindros en liña para o elegante Porsche 804, logrando a única vitoria de Porsche como construtor nunha carreira do campionato, lograda por Dan Gurney no Gran Premio de Francia de 1962. Unha semana máis tarde, repetiu o éxito diante do xentío na casa de Porsche en Solitude en Stuttgart nunha carreira fóra de campionato. Ao final da tempada, Porsche retirouse da F1 debido aos altos custos, [Cómpre referencia] logo de adquirir a fábrica de Reutter. Volkswagen e os fornecedores alemás non tiñan interese nun compromiso coa F1, xa que esta serie estaba demasiado lonxe dos coches de estrada. os privados seguiron participando co anticuado Porsche 718 na F1 ata 1964.

Logo de ter un grande éxito cos coches turbo na década de 1970, Porsche regresou á Fórmula Un en 1983 logo de case dúas décadas apartado, forneceu de motores turbo V6 refrixerados por auga como unidades TAG para o equipo McLaren. Por razóns aerodinámicas, o motor en liña típico de Porsche quedaba eliminado por ser demasiado grande e por ser o turbo o camiño a seguir na F1 do momento. Fixeron un motor turbo V6 de 90°. O motor TAG foi deseñado para os moi estritos requisitos emitidos polo deseñador xefe de McLaren John Barnard. Especificaba a disposición física do motor para que coincidira co deseño do seu coche. O motor foi financiado por TAG quen retivo os dereitos do nome, aínda que levaba gravada nos motores a identificación "feito por Porsche" (inicialmente Porsche era remiso a pór o seu nome nos motores, por temor á mala publicidade se fracasaban. Pero, ás poucas carreiras da tempada de 1984, se fixo evidente que os motores eran de quen eran, e as insignias "Made by Porsche" comezaron a aparecer). Os coches con motor TAG-Porsche lograron dous campionatos de construtores en 1984 e 1985, tres campionatos de pilotos en 1984, 1985 e 1986. Os motores deron a McLaren 25 vitorias entre 1984 e 1987 (19 en 1985 e 1986 para o Campionato do Mundo de Alain Prost, e 6 en 1984 para o Campionato de Niki Lauda).

Malia o seu éxito abafador, os motores TAG-Porsche nunca foron os máis potentes na Fórmula Un, xa que non tiñan a capacidade de manter un gran turbo como os motores BMW, Renault , Ferrari e Honda. Os pilotos de McLaren que competiron regularmente co motor (Lauda, Prost, Keke Rosberg e Stefan Johansson) continuamente pediron a Porsche desenvolver un motor especial de cualificación do mesmo xeito que os seus rivais. Pero, tanto Porsche como o dono de TAG Mansour Ojjeh rexeitaron as solicitudes debido aos custos adicionais, razoaron que os motores de carreira probados xa tiñan a mesma potencia e mellor economía de combustible que os motores Honda, polo que nunca foron construídos. Aínda que a falta de potencia non detivo a McLaren para lograr 7 poles (6 de Prost, 1 de Rosberg) e 21 saídas na primeira fila.

Porsche regresou á F1 de novo en 1991 como fornecedor de motores, pero, esta vez con resultados desastrosos: Os automóbiles Footwork Arrows impulsados co pesado Porsche 3512 dobre V6 que pesaba 180 kg., (de acordo a varios informes, entre eles o deseñador de McLaren Alan Jenkins, o motor era de feito a combinación de 2 motores TAG V6 utilizados por McLaren de 1983 a 1987 menos os turbocompresores)[5] non puido anotar un só punto, e nin sequera cualificaron para máis da metade das carreiras dese ano. Logo de que os motores Porsche foran cambiados por Footwork a favor do Cosworth DFR, Porsche non participou na Fórmula Un desde entón. Segundo os informes de Arrows, o maior problema do 3512, agás da falta de cabalos de forza, eran graves problemas de alimentación de gasolina que a miúdo provocaban fallos do motor.

Durante o Salón de París de 2010, o presidente de Porsche Matthias Mueller fixo unha declaración facendo alusión a un posible regreso de Porsche á Fórmula 1. Especificamente, Mueller sinalou que un, Porsche ou Audi, competirían en Le Mans mentres que o outro volvería á Fórmula 1. Anteriormente, o xefe de Audi Wolfgang Ulrich xa declarara que Audi e a Fórmula 1 "non encaixan".[6]

Resultados na Fórmula Un editar

Indy Cars editar

 
motor V8 para as carreiras da Indy 500

Primeiro Porsche tratou de competir na 1980 CART PPG World Series season co motor dun coche 935 deportivo convertido a un motor V6 de IndyCar co equipo Interscope Racing e con Danny Ongais como piloto e usando o novo Interscope IR01. Pero os comisarios da USAC (sancionaron o chasis no máis prestixioso evento da CART, a Indianápolis 500) determinaron que o motor era ilegal e Interscope usou o seu vello Parnelli VPJ6C - Cosworth DFX.

Porsche volveu a CART na tempada 1987 con Al Unser no Porsche # 6 Quaker State co chasis e o motor de Porsche, só competiron no Champion Spark Plug 300K no circuíto de Laguna Seca. Unser cualificaría 21º dun total de 24 coches e retiraríase no posto 24º logo de só sete voltas debido a un fallo da bomba de auga. Para 1988 Teo Fabi pilotaría o # 8 Quaker State March 88P - Porsche conseguindo o mellor resultado de cuarto no Bosch Spark Plugs Grand Prix no circuíto de Pennsylvania International Raceway, Fabi terminaría décimo en puntos. Para 1989 Fabi pilotaría o # 8 Quaker State March 90P - Porsche, cualificou na pole position, tanto no Budweiser / G.I. Joe's 200 no Portland International Raceway como no Red Roof Inns 200 en Mid-Ohio Sports Car Course conseguindo a vitoria neste último. Fabi tamén daría a Porsche o seu mellor resultado nun óvalo IndyCar ao terminar segundo no Marlboro 500 no Michigan International Speedway.

En 1990. Porsche tratou de competir cun coche novo con chasis de fibra de carbono, pero a CART prohibiuno.[7] O equipo ampliouse para dous coches, con Fabi no # 4 Foster's/Quaker State March 90P-Porsche e John Andretti no #41 Foster's March 90P-Porsche. Fabi cualificaría na pole position no Texaco/Havoline Grand Prix of Denver nas rúas de Denver e terminaría terceiro no Marlboro Grand Prix at the Meadowlands no Meadowlands Sports Complex pero quedaría 14º º nos puntos. Mentres Andretti obtería a mellor posición sendo quinto no Budweiser Grand Prix of Cleveland no Burke Lakefront Airport e na Molson Indy Vancouver nas rúas de Vancouver e terminaría décimo en puntos.

Porsche retirouse da IndyCar ao final da tempada 1990. O director do equipo Derrick Walker comprou os activos para converterse no dono de Walker Racing.

Carrera Cup e carreiras de afeccionados editar

Porsche sempre foi unha marca popular nas carreiras GT de afeccionados e nas carreiras de Sports Car en Europa, América e Asia, en particular o Porsche 911. Porsches de fábrica e lixeiramente modificados corren en moitas competicións do mundo; moitas destas clases son principalmente para afeccionados entusiastas.

Porsche ten e segue construíndo modelos baseados nos coches de estrada pero optimizados para a competición, o máis famoso o Porsche 911 GT3 Cup. Porsche estableceu e patrocina varias series de carreiras de motor, moitas das series para un só modelo de Porsche, ou para modelos específicos de Porsche. A Porsche Carrera Cup apareceu en varios países e a día de hoxe variacións da Carrera Cup celébranse en Asia, Australia, Canadá, Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Italia, Xapón, Oriente Medio, Holanda, Nova Zelandia , Escandinavia, así como as orixinarias IROC nos Estados Unidos. Unha serie profesional evolucionou a partir destas, a Europea Porsche Supercup.

Últimos tempos editar

 
Porsche RS Spyder de Penske Racing no Gran Premio de Utah de 2008

Porsche abandonou o seu programa de equipo de fábrica logo de gañar as 24 Horas de Le Mans de 1998 co Porsche 911 GT1 por razóns financeiras, fronte á competencia de fábrica de Audi, BMW, Mercedes-Benz, Toyota e outros. O prototipo LMP1 cun motor V10, destinado a ser presentado no ano 2000, foi abandonado sen competir debido a un acordo con Audi, unha empresa vinculada liderada por Porsche en copropropiedade con Ferdinand Piech. O V10 foi utilizado no Porsche Carrera GT, mentres que Audi dominou Le Mans despois de que BMW, Mercedes e Toyota pasáranse á F1.

Porsche fixo unha reaparición na categoría LMP2 en 2005 co novo prototipo RS Spyder, aínda que isto realizarono os equipos dos clientes estreitamente asociados e non a fábrica. Isto non foi ben recibido por moitos, os creadores das regras pretenden que a categoría LMP1 sexa para equipos de fábrica, mentres que a LMP2 debe reservarse para os equipos privados. Sobre a base das regulacións LMP2, o RS Spyder fixo o seu debut co equipo de Roger Penske en Laguna Seca durante a última carreira da tempada 2005 das American Le Mans Series, e inmediatamente obtivo unha vitoria na clase LMP2, terminando quinto na xeral. O áxil aínda que pouco potente (debido ás regulacións) RS Spyder posuía claramente o ritmo para desafiar aos coches de Audi e Lola na ALMS. Penske Racing gañou o campionato LMP2 na súa primeira tempada completa en 2006 e contra Acura en 2007 e 2008. 2007 foi o ano máis exitoso para o RS Spyder, gañando 8 carreiras xerais e 11 vitorias na categoría, mentres que o Audi R10 da clase LMP1 logrou só 4 vitorias na xeral. O coche debutou nos circuítos europeos en 2008 e dominou as Le Mans Series. Van Merksteijn Motorsport, Team Essex e Horag Racing lograron os tres primeiros lugares do campionato LMP2. Van Merksteijn Motorsport logrou unha vitoria de clase nas 24 Horas de Le Mans de 2008 e Team Essex gañou a clase LMP2 nas 24 Horas de Le Mans de 2009.

O Daytona Prototype Action Express Racing Riley-Porsche gañou as 24 Horas de Daytona de 2010. Isto foi estraño xa que o Riley-Porsche estaba impulsado por un Porsche Cayenne SUV baseado nun 5.0 litros V8. Porsche negouse a desenvolver o V8 para a competición Grand-Am, pero, construírono os Irmáns Lozano con sede en Texas. Dado que non foi sancionado oficialmente por Porsche, a empresa non reclamou tecnicamente a vitoria.[8]

Pilotos de fábrica editar

[9][10][11]

Principais vitorias e campionatos editar

  • 14 Makes e Team World Championship (1964, 1969, 1970, 1971, 1976, 1977, 1978, 1979, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1994)
  • 8 Long Distance World Championship
  • 3 IMSA Supercar-Series (1991, 1992, 1993)
  • 6 German Racing Championship (1977, 1979, 1982, 1983, 1984, 1985)
  • 20 European Hill Climbing Championship
  • 22 Daytona 24 Horas (1968, 1970, 1971, 1973, 1975, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1989, 1991, 1995, 2003, 2009, 2010)
  • 15 IMSA Supercar-Race (USA)
  • 17 24 Horas de Le Mans (1970, 1971, 1976, 1977, 1979, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1994, 1996, 1997, 1998, 2015)
  • 18 12 Horas de Sebring (1960, 1968, 1971, 1973, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 2008)
  • 1 Rallye-Weltmeisterschaft (1970)
  • 11 Targa Florio (1956, 1959, 1960, 1963, 1964, 1966, 1967, 1968, 1969, 1970, 1973)
  • 4 Rallye Monte Carlo (1968, 1969, 1970, 1978)
  • 2 Rally París-Dakar (1984, 1986)
  • 1 Vitoria na Fórmula 1 (1962)

Motores TAG-Porsche nos coches McLaren editar

  • 3 Campionatos Mundiais de Pilotos de Fórmula 1 (1984, 1985, 1986)
  • 2 Campionatos Mundiais de Construtores de Fórmula 1 (1984, 1985)
  • 25 vitorias na Fórmula 1 (1984, 12 vitorias; 1985, 6 vitorias; 1986, 4 vitorias; 1987, 3 vitorias)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Watkins, Gary (7 March 2007). "Warehouse Shopping: Inside Porsche's Motorsport Centre". AutoWeek. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 2007-04-14. 
  2. "Excellence :: Back Issues". Excellence-mag.com. Consultado o 2010-11-24. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 03 de xaneiro de 2015. 
  4. Klein, Reinhard (2000). Rally Cars, pages 122-123. Germany: Konemann Inc. 
  5. "Lucky espace: the Porsche V12". Autosport. 2013-05-22. Consultado o 2013-05-16. 
  6. 1 October 2010 (2010-10-01). "Porsche's shock F1 return". Autocar. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 2010-11-24. 
  7. Future looks dim for Porsche - Joseph Siano, The New York Times, 1 July 1990
  8. Smith, Steven (1 February 2010). "Action Express pulls off a stunning win at the Rolex 24 Hours of Daytona". AutoWeek. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 2010-02-01. 
  9. "Porsche Racing Drivers". Porsche. 2013. Consultado o 14 December 2013. 
  10. Dagys, John (2013-11-27). "Michael Christensen Named Porsche Factory Driver". sportscar365.com (John Dagys Media). Consultado o 2013-12-14. 
  11. "Works engagement with 919 hybrid and 911 RSR". porsche.com (Porsche). 2013-12-14. Consultado o 2013-12-14. 

Ligazóns externas editar