Porquiño
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Tetraodontiformes
Familia: Balistidae
Xénero: Balistes
Especie: B. capriscus, B. carolinenses, B. vetula''
Nome binomial
Balistes capriscus, Balistes carolinenses, Balistes vetula
(Gmelin, 1789)

Porquiño, roncón, roncallo ou peixe porco é un peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e até aos 100 metros de profundidade. Tanto o nome de roncón como o de porquiño veñen dados polo feito de ser capaz de emitir sons roucos, gruñidos como os do porco. Porén, o nome "peixe porco" non debe levar a confusión, xa que así e chamado tamén un tipo de escualo, o Oxynotus centrina.

Porquiño ou roncón
Porquiño ou roncón, visto en mergullo
Porquiño ou roncón, visto en mergullo

Morfoloxía e costumes editar

Ten un corpo alto e estreito, de cor grisalla. A primeira dorsal está formada por tres radios moi fortes. Ten a boca pequena, con dentes robustos. A pel é rixa e consistente. Deambula en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de moluscos e crustáceos. Pode ser visto ao facer mergullo.

É pescado con trasmallo e a carne é de calidade. Pode superar 1 kg. É normal que continue a trabar e rillar cos seus dentes robustos despois de ser pescado, por iso é habitual facer rotos na roupa e feridas nas mans dos pescadores.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar