Popayán

cidade e concello do departamento do Cauca, Colombia

Popayán, oficialmente Asunción de Popayán, é un concello colombiano, capital do departamento do Cauca. Atópase localizado no val de Pubenza, entre a Cordilleira Occidental e Central ó suroeste do país. A súa extensión territorial é de 512 km²,[1] a súa altitude media é de 1760 m sobre o nivel do mar, a súa precipitación media anual de 1.941 mm, a súa temperatura media de 14/19 °C e distancia aproximada de 600 km a Bogotá, capital de Colombia. Ten unha poboación de 284 949 habitantes (2018).[2] É unha das cidades máis antigas e mellor conservadas de América, o que se ve reflectido na súa arquitectura e tradicións relixiosas, recoñecida pola súa arquitectura colonial e o coidado das fachadas. Popayán ten un dos meirandes Centros Históricos Coloniais do país e de América, cun total aproximado de 236 mazás de sector histórico.

Modelo:Xeografía políticaPopayán
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 2°27′15″N 76°36′33″O / 2.4542, -76.6092Coordenadas: 2°27′15″N 76°36′33″O / 2.4542, -76.6092
EstadoColombia
DepartamentosCauca Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación300.837 (2018) Editar o valor em Wikidata (587,57 hab./km²)
Xeografía
Superficie512 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.760 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorSebastián de Belalcázar Editar o valor em Wikidata
Creación1537 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal190001–190019 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webpopayan-cauca.gov.co Editar o valor em Wikidata

No 2005, a UNESCO designou á cidade de Popayán como Cidade UNESCO da Gastronomía pola súa variedade e significado para o patrimonio intanxible dos colombianos. A cociña caucana foi escollida por manter os seus métodos tradicionais de preparación a través da tradición oral. O 28 de setembro de 2009 as Procesións de Semana Santa de Popayán foron declaradas pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.

Notas editar

  1. "Información general de Popayán". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 2 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aragón, Arcesio (1941), Fastos Payaneses 1536-1936, Bogotá: Imprenta Nacional.
  • Castrillón Arboleda, Diego (1994), Muros de Bronce - Popayán y sus estancias históricas, Cali: Feriva S.A.
  • Díaz López, Zamira (1994). Oro, sociedad y economía. El sistema colonial en la Gobernación de Popayán 1533-1733. Bogotá: Banco de la República.
  • Martínez Delgado, Luis (1959), Popayán, Ciudad Procera, Bogotá: Editorial Kelly.

Ligazóns externas editar