Ponte Don Luís I

Coordenadas: 41°08′23″N 8°36′34″O / 41.139722, -8.609444

A ponte Don Luís I sobre o río Douro, une o Porto con Vila Nova de Gaia, en Portugal.

Ponte Don Luís I
Localización
RíoDouro
ConcelloPorto - Vila Nova de Gaia
ProvinciaDistrito do Porto
Características
Construción1881-1886[1]
Lonxitude385,25 m o taboleiro superior[1]
174 m o taboleiro inferior
Ancho5 m
TipoDe arco
MaterialAceiro

Historia editar

Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do Enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886[1] polo propio Lois I de Portugal.

A Ponte de Don Luís, que veu substituír a Ponte Pénsil, está constituída por un arco de ferro e cinco piares e ten a particularidade de ter dous taboleiros metálicos con cinco metros de largura cada un. O taboleiro superior ten de longo 391 metros e o inferior 174. A ponte é unha auténtica filigrana de ferro e, xuntamente coa Torre dos Clérigos, é un dos símbolos do Porto.

A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e do Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante largas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o transito automóbil entre as dúas marxes.

Galería de imaxes editar


 

Panorámica dende Vila Nova de Gaia. Río Douro e o Porto. Ao fondo, á esquerda, a Ponte da Arrábida. Á dereita a ponte de Don Luís I.


Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • MARTINS, Maria do Rosário França, TORRES, Maria Teresa Pinheiro e FREIRE, Paula Cristina Martins. Pontes metálicas rodoviárias, 1998, Lisboa.

Ligazóns externas editar