Pobo vietnamita

grupo étnico do sueste asiático

Os vietnamitas[8] ou kinh (en vietnamita: người Việt; ou người Kinh) son un grupo étnico orixinario do norte do actual Vietnam. Son o meirande grupo étnico do país, representando o 86% da poboación segundo o censo de 1999, e son oficialmente coñecidos como kinh para distinguilos dos outros grupos étnicos de Vietnam. A forma máis antiga de nomear o pobo vietnamita da que se ten rexistro é Lạc.

Pobo vietnamita
Rapazas vietnamitas co traxe áo dài tradicional e o sombreiro nón lá.
Poboación
Poboación total:
c  86 millóns
Rexións principais:
Vietnam81 328 696 (2015)[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos2 067 527 (2016)[2]
Camboxa750 000–800 000[3][4]
Francia350 000[5]
Australia Australia294 798[6]
Xapón262 495 (2017)[7]
Aspectos culturais
LinguaLingua vietnamita
Relixiónrelixión tradicional vietnamita
e sincretismo co budismo
Grupos
relacionados
gin, muong, chứt e thổ

Malia que xeográfica e lingüisticamente son clasificados como asiáticos do sueste, os longos períodos de dominación e influencia chinesa sitúan ós vietnamitas na esfera do leste de Asia, ou máis especificamente os seus veciños setentrionais inmediatos, os chineses han e outros pobos do sur da China. A verba Việt é unha abreviación de Bách Việt, un nome empregado na antigüidade para describir varios pobos non chineses que foron asimilados na cultura chinesa. Nam significa "sur". Xuntos, Vietnam quere dicir "ós sur dos Viet", xa que Vietnam se atopa ó sur de Bách Việt.

Notas editar

  1. "The world factbook". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  2. "ASIAN ALONE OR IN ANY COMBINATION BY SELECTED GROUPS: 2016". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  3. Ponnudurai, Parameswaran (19 de marzo de 2014). Radio Free Asia, ed. "Ethnic Vietnamese in Cambodia Left in Limbo Without Citizenship". RFA Khmer Service. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. "Vietnamese in Cambodia". Joshua Project. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  5. Étude de la Transmission Familiale et de la Practique du Parler Franco-Vietnamien (en francés) Consultado o 22 de decembro de 2015.
  6. Statistics, c=AU; o=Commonwealth of Australia; ou=Australian Bureau of. "Main Features - Country of birth". www.abs.gov.au. 
  7. "法務省:【在留外国人統計(旧登録外国人統計)統計表】". www.moj.go.jp. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vietnamita.

Véxase tamén editar