Os tupinamba[1] foron un dos varios grupos étnicos tupís que habitaron no Brasil antés da chegada dos colonizadores portugueses. Por volta do século XVI, habitaban dúas rexións da costa brasileira: a primeira ía dende a marxe dereita do río São Francisco até o Recôncavo Baiano;[2] a segunda ía do cabo de São Tomé, no actual estado do Río de Xaneiro, até São Sebastião, hoxe no estado de São Paulo.[3] Ese segundo grupo tamén era denominado "tamoios".[4][5] Ámbolos dous grupos compúñanse de 100.000 individuos e eran a nación indíxena máis coñecida de toda a costa brasileira polos navegadores europeos do século XVI.[2]

Pobo tupinamba
Cerimonio relixiosa de tupinambas nun gravado de Theodor de Bry.
Poboación
Poboación total:
3 000 (tupinambas de Olivença)
Rexións principais:
Aspectos culturais
LinguaLingua tupinamba
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
Pobos tupís

No presente, o principal grupo tupinamba reside no sur do estado da Baía: son os tupinambas de Olivença. A maior parte da poboación tupinamba vive nos centros urbanos, principalmente nas rexións metropolitanas do sueste, centro-oeste e nordeste. No sueste, São Paulo é a cidade con maior poboación de etnia tupinamba. A súa lingua sobrevive hoxe na forma da lingua nheengatu.

Distribución do pobo tupinamba na costa do Brasil no século XVI, sinalado en verde.

Notas editar

  1. Definición de tupinamba no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 2,0 2,1 BUENO, E. Capitães do Brasil: a saga dos primeiros colonizadores. Rio de Janeiro. Objetiva. 1999. p. 43.
  3. World Digital Library (ed.). "Map of Maranhao, City of São Luis do Maranhão". Consultado o 27 de abril de 2013. 
  4. BUENO, E. Brasil: uma história. Segunda edição revista. São Paulo. Ática. 2003.
  5. STADEN, H. Duas viagens ao Brasil: primeiros registros sobre o Brasil. Tradução de Angel Bojadsen. Introdução de Eduardo Bueno. Porto Alegre, RS. L&PM. 2010. p. 56.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Léry, Jean, e Janet Whatley. History of a Voyage to the Land of Brazil, Otherwise Called America. Berkeley: University of California Press, 1990. Print.

Outros artigos editar