O pobo sentinelés[3] é un pobo indíxena das illas Andaman, na Baía de Bengala. Habitan na illa Sentinela do Norte. Os sentineleses son unha sociedade cazadora-recoletora que subsiste da caza, a pesca e a recolección de plantas. Non existen evidencias de prácticas agrícolas ou métodos de produción de lume.[4] A súa lingua permanece sen clasificar e non é mutuamente intelixible coa jarawa, os seus veciños máis achegados.[5] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[6]

Pobo sentinelés
Distribución comparativa dos pobos andamaneses. Os sentineleses están destacados en vermello.
Poboación
Poboación total:
15[1]–500[2]
Rexións principais:
Illas Andaman15-500
Aspectos culturais
LinguaLingua sentinelesa
RelixiónPosiblemente algunha forma de animismo

Notas editar

  1. Census of India, ed. (2011). "District Census Handbook: Andaman & Nicobar Islands" (PDF). p. 156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  2. European Space Agency, ed. (29 de abril de 2005). "Earth from Space: North Sentinel Island". Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  3. García, Victoria (28 de novembro de 2018). GCiencia, ed. "Sentinel do Norte: un misterio científico e un dilema ético". Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  4. B. K. Roy, ed. (1990). Cartography for development of outlying states and islands of India: short papers submitted at NATMO Seminar, Calcutta, December 3–6, 1990. p. 203. OCLC 26542161. 
  5. "Enumeration of Primitive Tribes in A&N Islands: A Challenge" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  6. Goodheart, Adam (outono de 2000). American Scholar, ed. "The Last Island of the Savages". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2016.