Os asmat son un grupo étnico de Nova Guinea que habita na provincia de Papúa, en Indonesia. Os asmat habitan nunha rexión do suroeste da illa que está na cosa do mar de Arafura, cuxas terras abranguen 18 000 km².

Pobo asmat
Home asmat.
Poboación
Poboación total:
~70 000 (2004)[1]
Rexións principais:
IndonesiaProvincia de Papúa
Aspectos culturais
LinguaLingua asmat e indonesio
RelixiónCristianismo, crenzas tradicionais
Grupos
relacionados
Outros pobos papúas

A terra dos asmat atópase xunto ó Parque Nacional de Lorentz, Patrimonio da Humanidade e a meirande área protexida do Pacífico asiático. A poboación total dos asmat estimouse nunhas 70 000 no ano 2004.[1] O termo "asmat" é empregado para facer referencia ó pobo e á área que habitan.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Asmat". The Met. Metropolitan Museum of Art. Consultado o 17 de agosto de 2017.