Gaius Plinius Caecilius Secundus, coñecido por Plinio o novo, nado contra o ano 63 e finado no 113, foi orador, xurista, escritor e administrador imperial da Antiga Roma.

Infotaula de personaPlinio o Novo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 61 Editar o valor em Wikidata
Como Editar o valor em Wikidata
Morte113 ↔ 114 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Reino de Bitinia Editar o valor em Wikidata
Senador romano
Cuestor
Cónsul sufecto
Pretor
Tribuno da plebe
Gobernador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVilla Commedia (pt) Traducir
Lierna
Lago Como Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , militar , oficial , xurista , historiador , poeta , avogado , político , funcionario Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLúcio Vergínio Rufo (pt) Traducir, Quintiliano e Plinio o Vello Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCalpurnia (en) Traducir (103–)
daughter of Pompeia Celerina (en) Traducir (–96), morte
stepdaughter of Veccius Proculus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Paisvalor descoñecido e Plinio o Vello Editar o valor em Wikidata  e Plinia Marcella (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPlinio o Vello (tío) Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 29807 Musicbrainz: cfa1f1bb-5bb6-4eb6-8fac-a79f692e2b33 Discogs: 5366305 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a escribir ós 14 anos unha traxedia en grego, pero Plinio destacou en poesía, a maior parte dos seus escritos perdéronse, a pesar do coidado que tiña por eles. Tamén coñecido polos seus dotes de orador, considerándose seguidor de Cicerón, a súa prosa era menos directa e rechamante que a deste último. Participou en moitos xuízos, pero o único discurso que se conserva del é o seu Panegiricus Trajani, descrición aduladora e enfática da figura de Traxano, que é un instrumento valioso para estudar diversas accións que fixo este emperador no campo administrativo como nos impostos, xustiza, disciplina castrense e comercio. Plinio definíao como un tratado sobre o gobernante perfecto.

As súas cartas son un testemuño único da administración ordinaria do século I. O seu estilo é moi diferente dos usados nos panexíricos, afirmando algúns críticos que Plinio é o inventor dun novo xénero literario: a carta escrita para ser publicada.

Nas súas primeiras cartas de mocidade describe a erupción do monte Vesuvio e a morte do seu tío e mentor, Plinio o vello. No seu honor este tipo de erupcións coñécense como plínicas. Estas cartas estaban dirixidas ao seu amigo Publio Cornelio Tácito, que foi un dos grandes historiadores romanos, para darlle unha visión próxima e certeira da morte do seu tío. Outras cartas famosas foron as dirixidas a Septicio Claro, que son case poemas, as que se refiren á erupción do Vesuvio e as referentes ás vilas e á morte de Marcial.