Pixies

banda de rock alternativo estadounidense

Pixies é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en Boston, Massachusetts en 1986. O grupo separouse en 1993 pero volveu a reunirse en 2004. Os seus membros actuais son Black Francis (voz e guitarra), Joey Santiago (guitarra), David Lovering (batería) e Paz Lenchantin (baixo). O día 14 de xuño do 2013 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que a baixista Kim Deal deixaba o grupo[1].

Pixies
Pixies nun concerto en Kansas no 2004
OrixeBoston, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1986 - 1993
2004 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)4AD, Elektra, Spin Art, Artemis
MembrosBlack Francis
David Lovering
Joey Santiago
Paz Lenchantin
Antigos membrosKim Deal
Kim Shattuck
Artistas relacionadosThe Amps, The Breeders, Frank Black, Frank Black and the Catholics, Grand Duchy, The Martinis, The Muffs, The Pandoras, A Perfect Circle, The Entrance Band
Na rede
pixiesmusic.com
IMDB: nm0686139 Facebook: pixiesofficial Twitter: PIXIES Instagram: pixiesofficial MySpace: pixies Youtube: UCEMVQmE2DNpGqdwJi7-o5LQ Souncloud: pixiesmusic Spotify: 6zvul52xwTWzilBZl6BUbT iTunes: 2730151 Last fm: Pixies Musicbrainz: b6b2bb8d-54a9-491f-9607-7b546023b433 Songkick: 297809 Discogs: 231577 Allmusic: mn0000895136 Deezer: 652 Genius: Pixies Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación da banda editar

A banda formouse en Boston, Massachusetts, a comezos de 1986, por Charles Thompson (que despois mudaría o seu nome polo de Black Francis), nas voces e na guitarra, e o seu compañeiro de cuarto na universidade Joey Santiago na guitarra.

A través dun anuncio atoparon a Kim Deal, unha baixista de Ohio, que tocara antes na súa cidade natal nunha banda chamada The Breeders coa súa irmá, Kelly. Pouco despois recrutaron ao batería David Lovering (amigo de Deal), e así formaron Pixies. Reza a lenda que o nome da banda foi sacado aleatoriamente do dicionario por Joey (o nome pode traducirse como "fadas"). Foi tamén nesa época cando Charles decidiu, inspirado por Iggy Pop, mudar o seu nome para Black Francis.

Primeiro traballo, Come On Pilgrim editar

En 1986, os Pixies estaban tocando en Boston, nun concerto coa banda Throwing Muses, da guitarrista Tanya Donnevy (que máis tarde participaría en The Breeders). Ao representante de Throwing Muses e director dos Fort Apache Studios, Gary Smith, que estaba entre o público, gustoulle o son dos Pixies e ofreceulles a gravación dun disco. En marzo de 1987, a banda gravou 17 cancións. Esa demo sería coñecida como The Purple Tape, pola cor de fondo da cinta, e acabou caendo nas mans de Ivo Watts, un dos donos do selo inglés 4AD, que na época tamén era a discográfica de Throwing Muses. Impresionado co material, Watts contratou aos Pixies e lanzou un EP chamado Come on Pilgrim, que ten 8 dos 17 temas da demo orixinal de The Purple Tape.[2]

Surfer Rosa editar

No ano seguinte a banda entrou no estudio para a gravación do seu primeiro LP, ao lado do produtor Steve Albini. O álbum Surfer Rosa foi lanzado na primavera de 1988 e recebiu boas críticas. A banda fíxose máis coñecida e acabou cambiando de selo, asinando pola Elektra Records.

Nestes primeiros dou discos dos Pixies a baixista Kim Deal asinou como Mrs. John Murphy, e incluso a única música composta por ela en Sufer Rosa, "Gigantic", é asinada con ese nome. Kim Deal usaría o seu auténtico nome a partir de Doolittle, xa coa Elektra.

Contrato cunha grande e Doolitle editar

A finais de 1988 a banda volta ao estudio co produtor inglés Gil Norton. O disco Doolitle foi lanzado na primavera de 1989, e considérase o mellor da banda. Grazas aos temas máis comerciais "Monkey Gone to Heaven" e "Here Comes Your Man", o disco tivo bastante éxito e chega ao Top 10 inglés. A pesar destas cancións máis comerciais, o son da banda continua sendo o mesmo.

A xira Sex and Death que seguiu tivo moito éxito, sobre todo en Europa. Nos directos a banda amosaba as súas extravagancias, como o de tocar as cancións por orde alfabética ou a actitude de Black Francis, que nunca se dirixía ao público, deixando que fose Kim Deal a que o fixese.

Descanso e proxectos paralelos editar

 
A banda ao vivo

En 1989 a banda decide darse un descanso e algúns dos seus integrantes adícanse a proxectos paralelos. Kim Deal, xunto con Tanya Donnevy (de Throwing Muses) e Josephine Wiggs (de Perfect Disaster), resuscitou a banda The Breeders e lanzou o álbum Pod en 1990 producido por Steve Albini. Black Francis comezaría unha pequena xira en solitario.

Ese ano a banda volve a reunirse para a gravación dun novo disco. Producido por Gil Norton, Bossanova edítase a finais de 1990 e segue a mesma liña ques discos anteriores, aínda que cunha influencia máis marcada do surf rock. Ese ano The Pixies sería unhas das cabezas de cartel do Reading Festival, en Inglaterra.

Trompe Le Monde editar

Nesa época era evidente que as relacións entre Black Francis e Kim Deal non eran boas, e aumentaron os rumores sobre a disolución da banda. Porén, The Pixies entrou no estudio novamente con Gil Norton para a gravación dun novo traballo. O resultado fou Trompe Le Monde, lanzado en 1991. O son da banda achégase un pouco ao hard rock neste novo álbum.

Despois de actuar como abreconcertos de U2 na xira ZooTV, a banda decidiu tomarse un novo descanso. Kim Deal aproveitou para gravar o EP Saffari con The Breeders, e Black Francis comezou a gravar un disco en solitario.

Separación editar

En 1992, pouco antes do lanzamento do disco, titulado Frank Black, Francis anunciou nunha entrevista na BBC o fin da banda debido ás malas relacións con Deal.

Despois da separación saíron algúns discos recompilatorios, destacando Death to the Pixies de 1997 e Complete B-Sides de 2001. Outros lanzamentos foron Pixies (The Purple Tape) e Pixies at the BBC. En 2003 comezan a aparecer rumores dunha posible reunión dos Pixies para a realización dunha xira mundial.

Volta á actividade editar

A finais de 2003 Black Francis confirmou a reunión da banda, e os Pixies deron o seu primeiro concerto o 13 de abril do 2004 en Minneapolis, Minnesota. Seguiulle unha xira a través dos Estados Unidos e o Canadá que durante o ano estendeuse ao Brasil, Europa e o Xapón.

No mes de xuño dese ano a banda editou o sinxelo "Bam Thwok" exclusivamente para a tenda de iTunes. 4AD reeditou Wave of Mutilation: The Best of the Pixies, xunto cun DVD acompañándo o disco. No mes de agosto foron cabezas de cartel, xunto con The Strokes, nos festivais V Festival e no T in the Park.

En 2005 tocaron nos festivais estadounidenses de Lollapalooza e de Sasquatch! e apareceron nalgúns eventos europeos, coma os festivais de Reading e de Leeds. En xullo de 2005 Francis anunciou que a banda agardaba gravar un novo álbum nos meses seguintes, o primeiro dende 1991, pero a idea finalmente no se levou a cabo.

A banda continuou actuando nos anos 2006 e 2007 e Francis comezou a dicir en entrevistas que a reunión estaba chegando ao seu fin. Pero a mediados do 2008 suxeríu novamente a posibilidade da gravación dun novo traballo.

O 13 de marzo do 2009 anunciaron que tocarían no Isle of Wight Festival, tocando o domingo xusto antes do cabeza de cartel, Neil Young.

. O 21 de abril confirmaron que unha nova edición podería reservarse a partir do 15 de xuño. O disco, Minotaur, sería un box set dos álbums anteriores do grupo con máis material gráfico, dispoñible en edición de luxo e edición limitada. O deseño gráfico sería feito por Vaughan Oliver e Simon Larbalestier, os responsables dese traballo nos álbums orixinais. Para coincidir coa data realizouse unha exposición, á que só podía accederse con invitación, onde se amosaban as obra elixidas para Minotaur en Londres. Tamén realizaron un concerto segredo no evento a onde asistiron Oliver, Larbalestier, un grupo de xornalistas e celebridades do indie (Kevin Shields, Dirty Pretty Things, Klaxons e The Horrors).

Para celebrar o 20 aniversario da edición de Doolittle, Pixies anunciou unha pequena xira europea en outubro do 2009 que pasaría por Londres, Glasgow, Ámsterdam, Dublín e Frankfurt. Posteriormente tamén se anunciaron 14 datas adicionais polos Estados Unidos en novembro e contaban tamén con achegarse a Australia e Nova Zelandia a principios do 2010.

En xuño do 2010 continuaron a xira de Doolittle con 11 datas nos Estados Unidos e anunciouse unha pequena xira por Suramérica.

Marcha de Kim Deal editar

O 14 de xuño de 2013 a través do seu perfil de Twitter a banda anunciou que Kim Deal deixara os Pixies. Dúas semanas despois o grupo publicou unha canción nova, "Bagboy", como descarga gratuíta a través da súa páxina web. A canción contaba con Jeremy Dubs nas voces no lugar de Deal.[3]

O 1 de xullo a banda anunciou a adición da guitarrista e vocalista de The Muffs and The Pandoras Kim Shattuck para substituír a Deal para a xira europea de 2013.[4][5][6] O 3 de setembro Pixies publicou un EP con cancións novas titulado EP1. O 29 de novembro Shattuck anunciou que fora despedida da banda ese mesmo día.[7] No mes de decembro anunciouse que a baixista de The Entrance Band e A Perfect Circle Paz Lenchantin uniríase aos Pixies para a xira de 2014.[8]

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Surfer Rosa 1988 4AD
Doolittle 1989 4AD
Bossanova 1990 4AD
Trompe Le Monde 1991 4AD
Indie Cindy 2014 Pixiesmusic, PIAS
Head Carrier 2016 Pixiesmusic, PIAS
Beneath the Eyrie 2019 BMG/Infectious
Doggerel 2022 BMG

EPs editar

Álbum Ano Selo
Come On Pilgrim 1987 4AD
Pixies 2002 Spin Art
EP1 2013 auto-editado
EP2 2014 auto-editado
EP3 2014 auto-editado

Recompilatorios editar

Notas editar

  1. Anuncio da saída de Kim Deal no Facebook da banda
  2. "Pixies | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-04-06. 
  3. The Guardian (ed.). "Pixies – Bagboy: New music". Consultado o 15 de xuño de 2017. 
  4. "Pixies Announce Leg One of Massive Global Tour". New Noise. Archived from the original on 17 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  5. "Pixies Announce Tour, Will Release More New Material". Paste. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  6. "The Pixies announce European tour with new bassist and new music". Gigwise. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  7. "Pixies Part Ways with Kim Shattuck". The A.V. Club. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  8. "Pixies name Paz Lenchatin as new bassist". NME. Consultado o 19 de setembro de 2018.