Unha piscifactoría é un lugar onde se fan actividades económicas de produción (cría e engorde) de especies acuáticas, principalmente peixes, crustáceos e moluscos. Nestas granxas, cultívanse varias especies mariñas, tanto de peixes, como dalgúns invertebrados, como o polbo. A actividade das piscifactorías ten unha grande importancia económica. No caso de moitas especies, a produción de cultivo case substituíu por completo as capturas pesqueiras.

Piscifactoría de rodaballo en Lira, Carnota.

Algunhas das especies máis importantes criadas en piscifactoría son o rodaballo, a dourada, a robaliza ou o bacallau. Os cultivos doutras especies aínda están en desenvolvemento, como o polbo, o ollomol, ou o linguado, entre outras.

Piscifactorías de Galicia editar

 
Piscifactoría de rodaballo en cabo Vilán.
 
Piscifactoría no río Almofrei.

En Carnota hai dúas piscifactorías propiedade de Stolt Sea Farm, máis coñecida por Prodemar. Unha é a de Lira e a outra a de Quilmas, sendo de maiores dimensións a primeira. Nestas piscifactorías prodúcese rodaballo e en menor cantidade, linguado. A fase de comercialización e distribución coordínase dende as oficinas centrais de Lira (Carnota). A forma máis habitual de comercializar o peixe é en fresco, enteiro ou limpo de vísceras. O pescado sérvese normalmente en caixas de polietileno de 6, 10 ou 20 kg, envolto nun filme de plástico, e cuberto cunha capa de xeo. Esta empresa ten tamén outra factoría en Camariñas, no cabo Vilán.

No concello de Cerdedo-Cotobade hai unha piscifactoría no río Almofrei, en Carballedo, onde se crían troitas. Hai outra no río Lor.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.