A pirofilita é un mineral do grupo VIII (silicatos) segundo a clasificación de Strunz. É un silicato de alúmina hidratado, cuxa fórmula é Al2Si4O10(OH)2 e a súa composición teórica é 66,7 % SiO2, 28,3 % Al2O3 e 5 % H2O. Normalmente está mesturado con caolinita, alunita e cuarzo.

Pirofilita
Fórmula químicaAl2Si4O10(OH)2
ClaseSilicato
SubclaseFilosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
CorVerde parda, verde gris, verdusca, branca gris, amarela pardusca
BrilloAnacarado
Dureza1,5 - 2 (escala de Mohs)
Densidade2,85 g/cm3

Acostuma aparecer en forma de láminas ou en agregados foliáceos ou radiados debido á súa estrutura e fractura micáceas, o que ademais a fai suave e untuosa ao tacto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar