Piran (en italiano Pirano) é unha pequena cidade e concello de Eslovenia, sito na península de Istria, ao pé do Mar Adriático. Conta con 16.758 habitantes. É un municipio bilingüe, no que o esloveno e máis o italiano son idiomas oficiais.

Modelo:Xeografía políticaPiran
Piran (sl)
Pirano (it) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°31′37″N 13°34′08″L / 45.527, 13.569Coordenadas: 45°31′37″N 13°34′08″L / 45.527, 13.569
EstadoEslovenia
Município da Eslovénia (pt) TraducirPiran Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.787 (2023) Editar o valor em Wikidata (84,91 hab./km²)
Lingua usadalingua eslovena
lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie44,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude16 m-46 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6330 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico5 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2SI-090 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Monument of local significance (en) Traducir
Data10 de decembro de 1983
Identificador513

Páxina webpiran.si Editar o valor em Wikidata

O centro do concello contaba 4.576 habitantes (2002), moradores nunha área de 1 km². Outros importantes núcleos do municipio son Portoroz (Portorose en italiano) e Santa Lucia, que medraron en épocas recentes. Sito no sur de Istria, o concello linda xa con Croacia.

Piran é unha vella e ben conservada cidade mediterránea colocada na punta da península homónima (Punta Madonna en italiano). A cidade é como un grande museo a aire libre, cunha rica arquitectura medieval e unha potente herdanza cultural, proveniente do longo dominio e influencia da República de Venecia.

O centro da vida urbana é a praza de Tartini (Tartinijev trg, en esloveno; Piazza Tartini, en italiano), denominada así en honra do compositor e violinista Giuseppe Tartini (1692-1770), natural da cidade.

Galería de fotos editar