Piper Laurie

actriz estadounidense

Rosetta Jacobs, nada en Detroit (Míchigan) o 22 de xaneiro de 1932 e finada nos Ánxeles o 14 de outubro de 2023,[1] foi unha actriz estadounidense, coñecida como Piper Laurie. É célebre polos seus papeis nos filmes O buscavidas (1961), Carrie (1976) e Fillos dun deus menor (1986), polos que recibiu candidaturas ao Óscar. Tamén é coñecida pola súa interpretación de Kirsten Arnesen no produción televisiva Days of Wine and Roses e de Catherine Martell na serie Twin Peaks.

Infotaula de personaPiper Laurie

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Rosetta Jacobs Editar o valor em Wikidata
22 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 2023 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Los Angeles High School (en) Traducir
Hollywood Professional School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJoe Morgenstern (pt) Traducir (1962–1982), divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001453 Allocine: 1601 Rottentomatoes: celebrity/piper_laurie Allmovie: p40813 TCM: 109526 TV.com: people/piper-laurie IBDB: 49055
Discogs: 813048 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O pai de Laurie era un inmigrante polaco que se dedicaba á venda de mobles.[2] A súa nai era estadounidense de orixe rusa.[3][4][5] Cando tiña seis anos, a familia trasladouse aos Ánxeles. Laurie era unha nena guapa cunha rechamante cabeleira rubia, mais era moi tímida. Por iso, os seus pais enviárona a clases de dicción e co tampo foi tamén a clases de interpretación nunha escola local.

Cando Laurie cumpriu dezasete anos, os Universal Studios fixáronse nela e asinaron un contrato.[3] Nese momento adoptou o seu nome artístico. En 1950 foi seleccionada para o seu primeiro filme, Louisa, en que coincidiu con Ronald Reagan, co que tivo varias citas antes de que el casase con Nancy Davis. Na autobiografía de Laurie, Learning to Live Out Loud, conta que verdeu a súa virxindade con el.[6] Pouco despois actuou no seu segundo filme, desta vez con Tony Curtis, co que apareceu en varios filmes posteriores. O estudio encadrou a Laurie no papel de moza atractiva, inxenua e con pouca cabeza e non lle ofrecían papeis en que puidses amosar os seus dotes interpretativos. Aínda que cunha paga semanal de dous mil dólares, Laurie estaba moi ben retribuída, finalmente cansou e comunicou ao seu axente que abandonaba o seu traballo na Universal, sen importarlle as consecuencias.

En 1952 acababa de cumprir vinte anos cando se realizou o primeiro concurso de Miss Universo, e ela foi quen coroou a gañadora, a finlandesa Armi Kuusela. Foi escollida por ser a icona da beleza do momento.

Finalmente, Laurie puido marchar sen maiores inconvenientes e trasladouse a Nova York para reiniciar os seus estudos de interpretación.[7] Ao mesmo tempo, actuou en programas de televisión en directo. En 1957 recibiu unha oferta interesante para un filme, o que a levou novamente ao cinema. A súa verdadeira oportunidade xurdiu en 1961 cando interpretou a amiga discapacitada de Paul Newman en O buscavidas, polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. Nesa época casou e cando non recibía ofertas interesantes retirábase á súa casa de Woodstock, preto de Nova York, onde se dedicaba ás tarefas domésticas e á súa filla.

En 1965 interpretou a Laura na montaxe de The Glass Menagerie de Tennessee Williams en Nova York, compartindo cartel con Maureen Stapleton.[8] Tamén comezou a volver aparecer na televisión e foi aceptando ao longo das seguintes décadas un número crecente de papeis en telefilmes e miniseries.

En 1976 Laurie aceptou un papel no filme Carrie, protagonizado por Sissy Spacek. Nel encarnou á nai relixiosa e excéntrica dunha moza tímida e con problemas psíquicos. Pola súa interpretación obtivo a segunda candidatura ao Oscar e relanzou a súa carreira.[9] A terceira conseguiuna en 1986 polo seu papel de nai dunha moza xorda en Fillos dun deus menor.[10] O mesmo ano gañou un Emmy pola súa interpretación no telefilme Promise, con James Garner.[11]

Filmografía editar

Ano Título Papel Notas
1950 Louisa Cathy Norton
Milkman, TheThe Milkman Chris Abbott
1951 Francis Goes to the Races Frances Travers
Prince Who Was a Thief, TheThe Prince Who Was a Thief Tina
1952 Has Anybody Seen My Gal? Millicent Blaisdell
Son of Ali Baba Princess Azura of Fez / Kiki
No Room for the Groom Lee Kingshead
1953 Golden Blade, TheThe Golden Blade Khairuzan
Mississippi Gambler, TheThe Mississippi Gambler Angelique "Leia" Dureau
1954 Johnny Dark Liz Fielding
Dangerous Mission Louise Graham
Dawn at Socorro Dance Hall Girl
1955 Ain't Misbehavin' Sarah Bernhardt Hatfield
Smoke Signal Laura Evans
1957 Until They Sail Delia Leslie Friskett
1961 O buscavidas Sarah Packard Candidata ao Oscar á mellor actriz
Candidata ao BAFTA á mellor actriz
Candidata ao premio Laurel ás mellores interpretacións dramáticas (2.ª)
Candidata ao New York Film Critics Circle Award á mellor actriz (3.ª)
1976 Carrie Margaret White Candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria
Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
1977 Ruby Ruby Claire
1978 Rainbow Ethel Gumm
1979 Tim Mary Horton
1981 The Bunker Magda Goebbels
1985 Return to Oz Aunt Em
1986 Fillos dun deus menor Mrs. Norman Candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria
Promise Annie Gilbert Telefilme
Emmy á mellor actriz secundaria en miniserie e telefilme
Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria en serie, miniserie ou telefilme
1988 Appointment with Death Emily Boynton
Tiger Warsaw Frances Warsaw
1989 Dream a Little Dream Gena Ettinger
1991 Other People's Money Bea Sullivan
1992 Storyville Constance Fowler
1993 Wrestling Ernest Hemingway Georgia
Trauma Adriana Petrescu
Lies and Lullabies Margaret Kinsey Telefilme
1995 The Grass Harp Dolly Talbo Southeastern Film Critics Association Award á mellor actriz secundaria
Fighting For My Daughter Judge Edna Burton Telefilme
1997 A Christmas Memory Jennie
1998 Faculty, TheThe Faculty Mrs. Olson
2004 Eulogy Charlotte Collins
2007 Hounddog Grammie
2009 Another Harvest Moon June
2010 Hesher Madeleine Forney
2018 White Boy Rick Vera Wershe

Notas editar

  1. Barnes, Mike (14 de outubro de 2023). "Piper Laurie, Actress in 'The Hustler,' 'Carrie' and 'Twin Peaks,' Dies at 91". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  2. "Piper Laurie Biography". filmreference. 2008. Consultado o 1 de setembro de 2008. 
  3. 3,0 3,1 Richard G. Hubler (20 de xuño de 1953). "Article From Colliers Magazine". Colliers. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2009. Consultado o 26 de setembro de 2008. 
  4. "Piper Laurie profile at Yahoo!". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  5. "Deseretnews.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  6. Daniel Bates, "Virgin starlet claims Ronald Reagan was a 'show-off' in bed after seducing her on set of 1950s film in which he played her father", The Daily Mail, 14 de novembro de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2013.
  7. "Playing One of the Kinkiest Villains Ever Seen on TV, Piper Laurie Reaches Another Acting Crest in Twin Peaks". Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2015. 
  8. "The Glass Menagerie". Playbill Inc. Consultado o 30 de decembro de 2015. 
  9. "Tinseltown Talks: Piper Laurie goes from Gipper to Carrie". Thde Oakland Press. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  10. Sherrod, Kerryn. "Children Of A Lesser God". Turner Classic Movies Database. Turner Classic Movies. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  11. Roberts, Jerry (5 de xuño de 2009). Encyclopedia of Television Film Directors. Laanham, Maryland: Scarecrow Books/Google Books. p. 862. ISBN 9780810861381. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar