Philippina Bausch coñecida como Pina Bausch, (Solingen, 27 de xullo de 1940-Wuppertal, 30 de xuño de 2009)[1] foi unha bailarina, coreógrafa e directora alemá pioneira na danza contemporánea. Co seu estilo vangardista,[2] mestura de distintos movementos, Bausch propón pezas de danza que se compoñen en cooperación entre distintas expresións: movementos corporais, emocións, sons e escenografía que configuran pezas enmarcadas na corrente da danza teatro,[3] da cal Bausch é pioneira e influencia constante de xeracións posteriores.

Pina Bausch
Nome completoPhilippine Bausch
Nacemento27 de xullo de 1940
Lugar de nacementoSolingen
Falecemento30 de xuño de 2009
Lugar de falecementoWuppertal
Causacancro de pulmón
SoterradaWuppertal
NacionalidadeAlemaña
Alma máterFolkwang University of the Arts e Juilliard School
Ocupacióncoreógrafa, bailarina de ballet, mestre de ballet, profesora universitaria, directora de cine e guionista
CónxuxeRonald Kay
FillosRolf Salomon Bausch
Coñecida porcafe muller
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ring of Honour of the city Wuppertal, Officer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Premio Goethe, Musikpreis der Stadt Duisburg, State Prize of North Rhine-Westphalia, Praemium Imperiale, Cabaleiro da Lexión de Honra, Comendador das Artes e as Letras, Commander of the Order of Merit of the Italian Republic, Gran oficial da Orde militar de Santiago da Espada, Honorary doctor of the University of Bologna, Kyoto Prize in Arts and Philosophy, Grã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Pour le Mérite, Deutscher Tanzpreis e Europe Theatre Prize
Na rede
http://www.pinabausch.de e https://www.pinabausch.org/
IMDB: nm0062471 Allocine: 15044 Allmovie: p4645
Musicbrainz: ef3da73b-4e29-4027-9731-362d68e42ce3 Discogs: 2211848 Find a Grave: 38917278 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Un dos seus espectáculos co Tanztheater de Wuppertal

Primeiros anos editar

Pina Bausch naceu en Solingen, preto de Düsseldorf, en Alemaña, en plena Segunda Guerra Mundial. Foi a terceira filla do matrimonio composto por August e Anita Bausch, que tiñan un restaurante, onde a futura bailarina creceu e tomou as súas primeiras clases de danza. Foi entón cando os seus pais se decataron da súa extrema flexibilidade física e talento, polo que decidiron apoiala para que en 1955, aos 15 anos, fose estudar co coreógrafo Kurt Joos[4] na Folkwang School de Essen, onde Pina adquiriría as bases da danza expresionista alemá que serían a base da súa entón incipiente carreira.

Formación editar

En 1959, con 19 anos, graduouse na Folkwang School e gañou unha bolsa para continuar os seus estudos en Nova York. Aí estudou na Juilliard School desde 1960, tendo como mestre a Antony Tudor, baixo cuxa dirección bailaría por primeira vez no Metropolitan Opera Ballet. Nesta segunda etapa formativa, Bausch tamén tivo como profesores a José Limón, Alfredo Corvino e Paul Taylor, quen a dirixiu como parte do New American Ballet.

Tras o brillante desempeño de Pina Bausch en Estados Unidos, Kurt Joos, o seu primeiro mestre, convocouna en 1961 para formar parte da súa compañía en Alemaña. Así, en 1962 uniuse á recentemente creada Folkwang Ballet Company, en principio como asistente de Joss e logo como solista. En 1968 dirixiu a súa primeira peza como coreógrafa da compañía: Fragment, con música de Béla Bartók; ao ano seguinte converteuse na sucesora de Joos como directora artística.

Traxectoria e Tanztheater Wuppertal Pina Bausch editar

En 1972, Bausch asumiu a dirección do Wuppertal Opera Ballet, que máis tarde ela mesma rebautizaría como o Tanztheater Wuppertal Pina Bausch. O seu primeiro traballo neste cargo foi Fritz, con música de Wolfgang Hufschmidt, en 1974. Ao ano seguinte continuou os seus experimentos coa danza escénica mesturada con ópera, cuxos resultados foron as presentacións de Iphigenia in Tauris e Orpheus and Eurydice.

 
A Consagración da Primavera, representada en Wuppertal

Tamén en 1975, Bausch coreografou A consagración da primavera, de Igor Stravinsky. Neste traballo logrou unha conexión co escenario baseada na humidade do chan, acto que manifesta as bases da súa proposta, onde a escena é parte importante da coreografía. Ao mesmo tempo, xerou unha relación próxima co deseñador polaco Rolf Borzik, quen se convertería no seu marido e estreito colaborador, e xunto a quen desenvolvería propostas performáticas afastadas da danza clásica, abrindo un novo camiño cara á consolidación da danza teatro.

Así, en 1976, coa coreografía dos sete pecados capitais, do compositor Kurt Weill, Bausch sepárase por completo das convencións do ballet clásico, introducindo un método de ensaio no que xera preguntas aos seus bailaríns, e crea unha coreografía baseada nas súas respostas, que ven reflectidas tanto no físico como no verbal e visual da peza, que inclúe textos falados e música clásica e popular.

Os seus outros traballos con Borzik inclúen unha longa lista de obras, entre as que se contan Bluebeard – While listening to a tape recording of Béla Bartók´s Opera, Duke Bluebeard´s Castle (1977), Come dance with me (1977), Renate inmigrants (1977), Café Müller (1978; o seu traballo máis coñecido, definido como unha peza melancólica na que os bailaríns interpretan a sensibilidade humana nun escenario repleto de cadeiras e mesas que actúan como obstáculos); Kontakthof (1978), Arien (1979; o escenario é un piso de auga quente) e Legend of Chastity (1979).

En 1980, aos 35 anos, Borzik morre de cancro. 1980 é interpretada pola crítica como unha homenaxe e despedida ao seu esposo, quen fora o seu guía na proposta visual e performática da compañía. Os seus traballos posteriores inclúen Bandoneón (1980), Walzer (1982), Carnations (1982; o escenario está composto por un piso de flores sobre o que os bailaríns realizan a coreografía), On the mountain a cry was heard (1984), Two cigarrets in the dark (1985), Viktor (1986), Palermo, Palermo (1989), A tragedy (1994) e Danzón (1995). Bausch non alcanzou a presentar en vida Como el musguito en la piedra, ay sí sí sí, inspirada nunha estadía en Chile (por iso é polo que escollese como nome o da canción folclórica que adoitaba interpretar Violeta Parra).

Durante a década de 1980, Bausch foi probabelmente a bailarina que máis influenciou as nacentes xeracións de danza contemporánea e á arte en xeral. A súa influencia apréciase en artistas tan diversos como Robert Wilson, William Forsythe e Maguy Marin. En 1984 a compañía encargouse do acto de apertura do Olympic Art Festival de Os Ángeles, o que evidencia o éxito do seu traballo.

A súa proposta de danza teatro editar

O traballo de Pina Bausch está conectado coa tradición da danza expresionista alemá –a Ausdruckstanz-, encarnando sentimentos de angustia humana existencial, anomia e disociación. Todos os seus traballos comparten similitudes esenciais: ausencia de argumento (nun sentido clásico), do sentido convencional da progresión en escena e de referencias a lugares xeográficos específicos. Con todo, a obra de Bausch ten “unha grande atmosfera de humor malvado, un patrón de tantalización romántica e humillación”.[5] O seu traballo baséase na creación de breves episodios de diálogo e acción a miúdo centrados en situacións surrealistas, no uso do corpo e nas relacións entre este, o escenario e o vestiario.

As pezas de Bausch a miúdo involucran o público, introducíndoo na performance. Inclúen, ademais, interludios físicos que, por exemplo, presentan a homes e mulleres que poden ser irmáns ou antagonistas. A idea de Bausch é xogar coas convencións do tempo teatral sobre o escenario, estimulando unha nova linguaxe construída por aparentes elementos dispares e aleatorios que producen un inequívoco balance interno que dá vida á súa proposta de danza teatro.

A International Encyclopedia of Dance da Universidade de Oxford define o traballo de Pina Bausch como único, sostendo que o seu corpo de danza fórmano bailaríns "de aparencia e perspectiva madura, onde cada un alude á superioridade multifacética e cosmopolita do mundo de Bausch. A miúdo quedan na compañía durante décadas, e cando alguén decide irse, varios centos de aspirantes asisten a unha audición na que se mergullan nas técnicas de Bausch”, o que sinala o importante que foi en vida, así como o seu legado, tras a súa morte.[6]

A súa relación co cine editar

En 1983, interpretou o papel da princesa Lherimia en E la nave va, de Federico Fellini. Pedro Almodóvar, en Hable con ella (2002), realizou unha cita-homenaxe a Café Müller, que funciona como peza clave do argumento. En 2009, Bausch comezou a colaborar co director e documentalista Wim Wenders para a realización dunha película sobre a compañía en formato 3D. Pina morreu antes de estivese finalizado o filme, que Wenders define como unha homenaxe á súa memoria. O documental Pina estreouse o 2011 no Festival de Berlín e recibiu varios premios.

Vida persoal editar

En primeira instancia casou co seu compañeiro de labores, o polaco Rolf Borzik, que fora deseñador de vestiario e escenografías para a compañía. Borzik morre en 1980, e tempo despois Pina coñece o poeta chileno Ronald Kay, con quen terá o seu único fillo, Ralf Salomon, en 1981.

Foi unha fumadora empedernida: nos rexistros visuais que mostra a película Pina, de Win Wenders, está sempre cun cigarro, fumando. Morreu de cancro pulmonar o 30 de xuño de 2009, aos 68 anos, en Wuppertal.

Creacións editar

Data de estrea - Cidade (País) - Teatro

• 9 xan 1954, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Fritz – Tanzabend von Pina Bausch Música: Gustav Mahler, Wolfgang Hufschmidt No mesmo programa: "Der grüne Tisch" de Kurt Jooss e "Rodeo" de Agnes de Mille

• 21 abr 1974, dom – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Iphigenie auf Tauris [Ifixenia en Tauris] – Tanzoper von Pina Bausch Música: Christoph W. Gluck

• 2 xun 1974, dom – Wuppertal (DE) – Zwei Krawatten [Dúas garavatas]

• 8 dec 1974, dom – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Ich bring dich um die Ecke... [Eu lévoo até a esquina...] + Adagio – Fünf Lieder von Gustav Mahler [Adagio – Cinco cancións de Gustav Mahler] – Schlagerballett von Pina Bausch No mesmo programa: "Großstadt" [A grande cidade] de Kurt Jooss

• 23 maio 1975, sex – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Orpheus und Eurydike [Orfeu e Eurídice] – Tanzoper von Pina Bausch Música: Christoph W. Gluck

• 3 dec 1975, cua – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Frühlingsopfer: Wind von West + Der zweite Frühling [A segunda xuventude] + Das Frühlingsopfer [A consagración da primavera] Música: Igor Strawinsky

• 15 xun 1976, ter – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Die sieben Todsünden [Os sete pecados capitais] – Tanzabend von Pina Bausch I. Die sieben Todsünden der Kleinbürger / II. Fürchtet Euch nicht Música: Kurt Weill. Texto: Bertolt Brecht.

• 8 xan 1977, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Blaubart – Beim Anhören einer Tonbandaufnahme von Béla Bartóks Oper "Herzogs Blaubarts Burg" [Barba-Azul – Escoitando unha gravación da ópera de Béla Bartok "O castelo de Barba-Azul"]

• 26 maio 1977, qui – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Komm tanz mit mir [Ven danzar comigo]

• 30 dec 1977, sex – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Renate wandert aus [Renata emigra] – Operette von Pina Bausch

• 22 abr 1978, sab – Bochum (DE) – Schauspielhaus Bochum – Er nimmt sie an der Hand und führt sie in das Schloß, die anderen folgen [Ele levouna pola man ao castelo, os outros seguíranos] En coprodución con Schauspielhaus Bochum [baseado en Macbeth, de Shakespeare]

• 20 maio 1978, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Café Müller No mesmo programa: coreografías de Gehard Bohner, Hans Pop e Gigi-Georghe Caciuleanu

• 9 dec 1978, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Kontakthof [Patio de encontros]

• 12 maio 1979, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Arien [Arias]

• 4 dec 1979, ter – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Keuschheitslegende [A lenda da castidade]

• 18 maio 1980, dom – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – 1980 – Ein Stück von Pina Bausch [1980 – Unha peza de Pina Bausch]

• 21 dec 1980, dom – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Bandoneon

• 17 xun 1982, qui – Amsterdam (NL) – Holland Festival – Koninklijk Theater Carré – Walzer [Valsas] En coprodución con Holland Festival

• 30 dec 1982, qui – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Nelken [Cravos] • 16 maio 1983, seg – München (DE) – München Theaterfestival – Zelt im Englischen Garten – Nelken [segunda estrea]

• 13 maio 1984, dom – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Auf dem Gebirge hat man ein Geschrei gehört [Sobre a montaña ouviuse un grito]

• 31 mar 1985, dom – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Two Cigarettes in the Dark

• 14 maio 1986, qua – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Viktor En coprodución con Teatro Argentina e Stadt Rom

• 21 mar 1987, sab – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Ahnen [Antepasados]

• 17 dec 1989, dom – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Palermo Palermo En coprodución co Teatro Biondo Stabile, Palermo e Andres Neumann International

• 27 abr 1991, sab – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Tanzabend II [Programa de danza II] En coprodución con Festival de Otoño, Madrid

• 16 xan 1993, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Das Stück mit dem Schiff [A peza co barco]

• 12 feb 1994, sab – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Ein Trauerspiel [Un xogo triste] En coprodución con Wiener Festwochen

• 13 maio 1995, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Danzón

• 11 maio 1996, sab – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Nur Du [Só ti] En coprodución com University of California, Los Angeles; Arizona State University; Berkeley University of California; University of Texas, Austin; Darlene Neel Presentations; Rena Shagan Associates, Inc.; The Music Center Inc.

• 12 feb 1997, cua – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Der Fensterputzer [O limpador de xanelas] En coprodución con Hong Kong Arts Festival Society e Goethe-Institut Hong Kong

• 4 abr 1998, sab – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Masurca Fogo En coprodución con EXPO 98 Lissabon e Goethe-Institut Lisboa

• 10 abr 1999, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – O Dido En coprodución con Teatro Argentina, Roma e Andres Neumann International

• 25 fev 2000, sex – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Kontakthof mit Damen und Herren ab '65' [Patio de encontros con señoras e señores maiores de 65 anos]

• 5 maio 2000, sex – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Wiesenland En coprodución con Goethe-Institut Budapest e Théâtre de la Ville Paris

• 12 maio 2001, sab – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Água En coprodución co Brasil, Goethe-Institut São Paulo e Emilio Kalil

• 25 abr 2002, qui – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Für die Kinder von gestern, heute und morgen [Para os nenos de onte, hoxe e mañá]

• 21 mar 2003, sex, 19h30 – Wuppertal (DE) – Opernhaus – Nefés En coprodución con International Istanbul Theatre Festival e Istanbul Foundation of Culture and Arts

• 8 maio 2004, sab – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Ten Chi [Ceo e terra] En coprodución con Prefectura de Saitama, Saitama Arts Foundation e Nippon Cultural Center

• 15 abr 2005, sex – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Rough Cut [Corte bruto] En coprodución con LG Arts Center e Goethe-Institut Seoul, Corea

• 11 maio 2006, qui, 19h30 – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Vollmond [Lua chea]

• 18 maio 2007, sex, 19h30 – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Bamboo Blues En coprodución con Goethe-Institut India

• 30 maio 2008, sex, 19h30 – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – 'Sweet Mambo'

• 7 nov 2008, sex, 19h30 – Wuppertal (DE) – Schauspielhaus – Kontakthof mit Teenagern ab '14' [Patio de encontros con mozos por riba de 14 anos]

• 12 xun 2009, sex, 19h30 – Wuppertal (DE) – Opernhaus – "… como el musguito en la piedra, ay si, si, si..." ["... wie das Moos auf dem Stein..."] En coprodución co Festival Internacional de Teatro Santiago a Mil, Chile e con apoio de Goethe-Institut Chile. En colaboración con Andres Neumann International

Premios e distincións editar

  • Bolsa para altos estudos na Folkwang School (1958)
  • Primeiro premio na II Competencia de Coreografía de Colonia 1969 por Im Wind der Zeit, con música de Mirko Dorner
  • Premio Fundación North Rhine-Westphalia 1973 para artistas novos
  • Premio Eduard von der Heydt 1978 (Wuppertal)
  • Premio da Crítica Danza 1980 (Círculo de Críticos de Arte, Italia)
  • Premio Simba theatre 1982 (Accademia Simba, Italia)
  • Premio UBU 1982/83, outorgado á mellor representación estranxeira (Italia)
  • Premio Deutscher Kritiker Preis 1984 (Akademie der Künste, Berlin, Alemaña)
  • Premio Bessie Dance and Performance 1984 (Nova York)
  • Orde ao Mérito (1986, República Federal de Alemaña)
  • Premio da Sociedade de Críticos de Danza 1987 (Xapón)
  • Premio á Tolerancia 1988 (Alemaña) para a compañía Wuppertal
  • Premio da Academia Internacional Lorenzo il Magnifico 1990 (Florencia)
  • Premio Aurel Milloss 1990 (parte do Premio Gino Tani, Roma)
  • Premio en ocasión do World Theatre Day 1990 (República Federal de Alemaña e o International Theatre Institute)
  • Premio do Estado de North-Westphalia 1990
  • Prix SACD de Danza 1991 (Société des Auteurs et Compositeurs dramatique, París)
  • Rheinischer Kulturpreis 1991 (Sparkassenstiftung zur Förderung rheinischen Kulturgutes, Düsseldorf)
  • Premio Critics Award por Café Müller, Edinburgh Festival, 1992
  • Medalla Picasso da UNESCO, 1993
  • Cruz da Ordem Militar de Santiago de Espada, Lisboa, 1994
  • Premio da danza alemá, entregado pola German professional association for dance education, 1995
  • Premio Joana Maria Gorvin, entregado pola German Akademie der Schönen Künste, 1995 (Berlín)
  • Premio Berlin theatre, 1997 (Berlín)
  • Premio Foundation for Prussian maritime trade, 1997
  • Anel de Honra da cidade de Wuppertal, 1997
  • Premio Harry Edmonds; International House, 1997 (New York)
  • Premio European Theatre, 1998
  • Premio Samuel H. Scripps, American Dance Festival Award, 1999
  • Praemium Imperiale para teatro e filme, entregado pola Japan Art Association, 1999
  • Premio Life Time Achievement, 2000 (Istambul)
  • Premio Hanseatic Goethe, 2001
  • Premio Bessie, 2002 (New York)
  • Chevalier de l'Ordre National da Légion d'Honneur, 2003 (París)
  • Premio Nijinsky, 2004 (Monte Carlo)
  • Premio Golden Mask, Golden Mask Festival of Performing Arts, 2005 (Moscova)
  • Embaixadora Honoraria da República de Korea, 2005
  • Premio Laurence Olivier, 2006 (Londres)
  • Doutora honoraria (laurea honoris causa) de Juilliard School, 2006 (New York)
  • Orden al Mérito Artístico y Cultural Pablo Neruda, Consejo Nacional de la Cultura y las Artes de Chile, entregada pola presidenta Michelle Bachelet, 2007 (Santiago)
  • Premio Cidade de Frankfurt, 2008
  • Premio Dance Magazine, 2008 (New York)
  • Membro Honoraria da Academy of Arts and Sciences, Cambridge Massachusetts, Section Performing Arts; 2009

Notas editar

  1. "Pina Bausch". www.danza.es. Consultado o 2020-04-19. 
  2. "Pina Bausch (1940-2009)". Mujeres Bacanas (en castelán). 2017-05-22. Consultado o 2020-04-19. 
  3. "La danza teatro de Pina Bausch". Danza Ballet (en castelán). 2006-06-10. Consultado o 2020-04-19. 
  4. "Última entrevista a Pina Bausch en Chile - Danza Ballet". www.danzaballet.com. Consultado o 2020-04-19. 
  5. Birringer, Johannes. Pina Bausch. Dancing across the borders
  6. Encyclopedia of Dance, p. 389

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar