Pijnacker é unha localidade que forma parte da municipalidade de Pijnacker-Nootdorp, na provincia neerlandesa de Holanda Meridional (en neerlandés Zuid-Holland), situada a catro quilómetros ao leste da cidade de Delft. A localidade contaba en 2012 cunha poboación de 22.455 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaPijnacker
Imaxe

Localización
Mapa
 52°01′05″N 4°26′10″L / 52.018, 4.436Coordenadas: 52°01′05″N 4°26′10″L / 52.018, 4.436
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Meridional
ConcelloPijnacker-Nootdorp Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código BAG1141 Editar o valor em Wikidata

Pijnacker ten dúas paradas dentro da rede de transporte público de RandstadRail, entre A Haia e Rotterdam, que son Pijnacker Centrum e Pijnacker-Zuid.

Arredor de Pijnacker hai grandes e atractivas áreas naturais, entre as que se pode destacar destacar Ackerdijkse Plassen, unha das reservas de aves máis importantes dos Países Baixos.

Historia editar

En 1812, a localidade de Pijnacker creceu dun xeito significativo, ao absorber outras localidades, como as de Abtsregt, Biesland e Tempel. Todas estas poboacións foron restablecidas novamente o 1 de abril de 1817

Pijnacker foi unha municipalidade independente ata 2002, cando se fusionou con Nootdorp.

Barrios editar

A localidade de Pijnacker conta cos seguintes barrios:[2]

  • Centrum (centro).
  • Koningshof.
  • Noord (norte).
  • Klapwijk.
  • Tolhek.
  • Keijzershof.
  • Ackerswoude (en construción).
  • Tuindershof (en construción).
 
Igrexa de San Xoán Bautista

Edificios notables editar

Un dos edificios dominantes e destacables de Pijnacker é a igrexa católica de San Xoán Bautista, situada na rúa principal da vila (a rúa Oostlaan). Malia ter sido anteriormente unha parroquia cun sacerdote a tempo completo, a Igrexa de San Xoán Bautista está agora unida coa de San Bartolomeo (Nootdorp), formando unha parroquia dentro da Federación de Parroquias de Oostland, á súa vez dentro da Diocese de Rotterdam.[3]

Notas editar

  1. Estatísticas de poboación en Pijnacker. (En neerlandés)
  2. Información sobre os barrios Arquivado 05 de outubro de 2017 en Wayback Machine., no sitio web da municipalidade. (En neerlandés)
  3. Información sobre esta igrexa na seguinte referencia bibliográfica, publicada pola parroquia no seu aniversario, na que se trata a historia do edificio e os personaxes destacables: J.P. van Geest [et al.]: H. Joannes de Dooper, Pijnacker. Een eeuw rond het kerkgebouw 1892 -1992. Pijnacker, Parochie St. Joannes de Dooper, 1992. [ISBN 9090046542] (En neerlandés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar