O pigargo,[2] (Haliaeetus albicilla) é unha ave rapaz da familia dos Accipítridos.

Pigargo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Haliaeetus
Especie: H. albicilla
Nome binomial
'Haliaeetus albicilla'
Linnaeus, 1758
Verde claro: zona de cría Azul: zona de invernada Verde escuro: presente todo o ano
Verde claro: zona de cría
Azul: zona de invernada
Verde escuro: presente todo o ano

Verde claro: zona de cría
Azul: zona de invernada
Verde escuro: presente todo o ano
Sinonimia
  • Falco albicilla (Linnaeus, 1758)
  • Haliaeetus albicilla albicilla
  • Haliaeetus albicilla groenlandicus
Haliaeetus albicilla
Haliaeetus albicilla groenlandicus

Morfoloxía editar

É unha aguia de gran tamaño cun enorme peteiro amarelo. A plumaxe é escura, agás a cola e a cabeza que van branquexando conforme ó envellecemento do individuo. A femia é lixeiramente meirande có macho.

Reprodución editar

A posta consiste en 2-3 ovos, sendo realizada en febreiro ou marzo. Os ovos son chocados por ambos proxenitores durante uns 40 días. As parellas son estables e en ocasións conviven no mesmo territorio varias familias; trátase dunha das aguias máis sociábeis.

Nutrición editar

Ecléctica, dende peixes ata limícolas e anátidos, chegando incluso a capturar cisnes ou grúas. Tamén mamíferos, dende roedores ata crías de cervos, focas ou raposos. É unha especie moi habilidosa na caza, chegando a cazar en grupo.

Distribución editar

Dende o norte e leste de Europa, ata a península de Kamchatka, Anadyr, norte da China e sur de Groenlandia. Na Europa occidental foi exterminada, considerándose a especie extinta en Francia, Italia, na totalidade das Illas Británicas e nas illas do Mediterráneo. En Alemaña estivo a piques de seguir a mesma sorte. Así á comezos do século XX, só había parellas estables na Pomerania e en Mecklemburgo. Grazas ás medidas de protección desenvolvidas ó longo de décadas, conseguiuse estabilizar unha pequena poboación en Schleswig-Holstein. Ademais no 1992 acadouse a primeira cría con éxito na Baixa Saxonia. A comezos do século XXI, estimouse unha poboación estable de preto de 200 parellas en Alemaña.

Notas editar

Véxase tamén editar