Pietro Isualles (Isvales, Isvalies), finado en Cesena o 22 de setembro de 1511, foi un eclesiástico católico latino, cardeal e arcebispo de Reggio Calabria, e administrador de varias sés estranxeiras.

Infotaula de personaPietro Isualles
Biografía
Nacemento1450 Editar o valor em Wikidata
Messina Editar o valor em Wikidata
Morte1511 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Cesena Editar o valor em Wikidata
Cardeal
28 de setembro de 1500 –
Arcebispo católico
18 de febreiro de 1497 – 24 de xullo de 1506
← Marco Miroldi (en) TraducirFrancesco Isvales (en) Traducir →
Administrador apostólico Roman Catholic Archdiocese of Messina (en) Traducir

← Pedro Belorado (en) TraducirBernardino da Bologna (en) Traducir →
Administrador apostólico diocese de Ourense
Administrador apostólico Roman Catholic Diocese of Veszprém (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1497–), sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBartolomeo Flores (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
31 de outubro de 1503Conclave do outono de 1503 (pt) Traducir
21 de setembro de 1503Conclave de setembro de 1503 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de orixe español, probablemente en Messina, a mediados do século XIV.[1][2][3] Foi coéngo do capítulo catedralicio de Messina, e vigairo xeral da arquidiocese;[2] posteriormente en nomeado 1485 prior da igrexa da Santa Cruz e abade do mosteiro de Santa María de Bordonaro.[2]

Trasladouse a Roma, onde foi nomeado protonotario apostólico, e gobernador da cidade dende o 11 de agosto de 1496 até o 16 de novembro de 1500.[2] O 18 de febreiro de 1497 foi elixido arcebispo de Reggio Calabria.[2] Recibiu a consagración episcopal na Capela Sistina o 4 de xuño do mesmo ano, de mans do arcebispo de Cosenza Bartolomeo Flores.[2][3] Pouco despois, levou a cabo un proceso legal contra o mesmo Flores, xulgado ao ter sido acusado de falsificar e vender bulas papais, polo que foi excomungado e encerrado.[2] De xeito similar, en 1498 levou a cabo o proceso contra o bispo de Calahorra Pedro de Aranda, acusado de herexía, quen tamén foi encerrado.[2] Malia ser arcebispo de Reggio Calabria, non residiu na diocese, que administrou a través do seu vigairo xeral Bernardino Bosurgi.[3]

O 28 de setembro de 1500 o papa Alexandre VI creouno cardeal.[4][2][3] Neses momentos Italia, e polo tanto os Estados da Igrexa, sufrían a amenaza da expansión dos otománs; o papa Alexandre VI comezou a organizar unha Liga contra dito perigo, e nun consistorio do 5 de outubro de 1500 nomeou a Isualles legado ante os reis de Polonia e Hungría; no mesmo consistorio recibiu o título de cardeal-presbítero de San Ciriaco alle Terme di Diocleziano.[2][3] Logo dunha estancia en Venecia en decembro para definir os termos da súa incorporación á Liga, chegou a Hungría a comezos de 1501,[5] e o 13 de maio foi asinada a Liga entre Ladislau II, Isualles e o veneciano Barbarigo.[2] Os resultados da campaña militar non foron bos, e en 1503 foi asinada a paz cos otománs.[2]

Isualles foi nomeado administrador apostólico da diocese de Veszprém o 21 de xuño de 1503;[2][5] en setembro do mesmo ano volveu a Roma, logo do pasamento de Alexandre IV. Chegou á cidade o 24 de outubro, e participou no conclave que elixiu papa a Xulio II.[2] Logo de dirixir a diocese a distancia a través dun vigairo xeral, o 24 de xullo de 1506 renunciou á sé de Reggio Calabria en favor do seu irmán Francesco.[2][3] Pouco despois, a partir de agosto do mesmo ano, participou na expedición militar papal para recuperar Perugia e Boloña, que se prolongou até finais do ano.[2]

O 19 de maio de 1507 foi nomeado cardeal protector de Polonia, Hungría e Bohemia, o 18 de agosto cardeal-presbítero de Santa Pudenziana, e o 7 de xuño de 1508 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Ourense;[2][6] non foi bispo residente na diocese, e delegou no seu amigo Diego de Muros a administración da sé.[6] En 1508 estivo novamente na corte de Ladislau II como emisario para tratar de recuperar da herexía aos fosarianos, e en 1509 foi enviado para tomar o control de Tívoli.[2] En maio de 1510 foi nomeado arcipreste de Santa María a Maior e ao mes, o 21 de xuño, administrador apostólico da arquidiocese de Messina.[2]

Finou en Cesena o 22 de setembro de 1511;[2][3] o seu corpo foi trasladado a Roma e enterrado na basílica de Santa María a Maior.[2][7][3]

Notas editar

  1. Baker-Bates 2017, p. 64.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 Crucitti, Filippo (2004). "ISVALIES, Pietro". Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 62. Ist. della Enciclopedia Italiana. pp. 679–683. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Spanò Bolani, Domenico (1857). "Cronaca de' vescovi ed arcivescovi di Reggio". Storia di Reggio di Calabria da tempi primitivi sino all'anno di Cristo 1797: Dal 1600 sino al 1797. Nápoles. p. 244. XLIII. Pietro Isvales (1497). Nacque in Messina, ma fu originario Spagnuolo. Al cominiciar del 1497 ricevette la consecrazione di Arcivescovo dalle mani di Bartolomeo Arcivescovo Cosentino. Non venne mai in Reggio; e lasciò che la Chiesa fosse amministrata dal suo Vicario generale Abate Canonico Bernardino Bosurgi. Alessandro VI nel 1500 il creò Cardinale; e più tardi lo incaricò di una Legazione in Ungheria. Poi Giulio II il destinò Legato in Bologna. Nel 1506 l'Islvales [...] feze rinunzia della Chiesa Reggina a favore di Francesco suo fratello. Morì finalmente in Cesena a dì 22 settembre del 1511; ed il suo cadavere transferito in Roma fu seppellito nella Basilica di Santa Maria Maggiore, di cui era Arciprete 
  4. Baker-Bates 2017, p. 39.
  5. 5,0 5,1 Tardy, Lajos (1978). Beyond the Ottoman Empire: 14th-16th Century Hungarian Diplomacy in the East. Universitas Szegediensis de Attila József Nominata. p. 138. Peter Isvalies, Archbishop of Reggio (Calabria), Cardinal of the Church of S. Ciriacco of Rome, Papal Legate in Hungary from 1501; in 1503 he became Bishop of Veszprem by commendment. He died on 11 September, 1511 in Cesena in Italy. 
  6. 6,0 6,1 García Oro, José (1976). Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV. Galaxia. p. 49. ISBN 9788471542465. [Don Diego] recibió otro importante encargo de su amigo el cardenal de Rijoles, Pedro de Isvalies, nombrado obispo de Orense el 7 de junio de 1508, quien constituyó a Don Diego administrador del Obispado con amplios poderes para nombrar oficiales 
  7. Luciani, Roberto; d' Amato, Francesco Maria, eds. (1996). Santa Maria Maggiore e Roma. Fratelli Palombi. p. 265. ISBN 9788876214783. Pietro Isualles, siciliano, eletto arciprete da Giulio II, morto nel 1511; fu sepolto nella Basilica Liberiana senza alcuna memoria. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baker-Bates, Piers (2017). Sebastiano del Piombo and the World of Spanish Rome. Routledge. ISBN 9781351549400. 
  • Crucitti, Filippo (2004). "ISVALIES, Pietro". Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 62. Ist. della Enciclopedia Italiana. pp. 679–683. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Marco Miroldi
 Arcebispo de Reggio Calabria 
1497 - 1506
Sucesor:
Francesco Isualles
Predecesor:
Gregor Frangipani
 Administrador apostólico de Veszprém 
1503 - 1511
Sucesor:
Péter Beriszló
Predecesor:
Antonio Pallavicini Gentili
 Administrador apostólico de Ourense 
1508 - 1511
Sucesor:
Orlando Carretto della Rovere
Predecesor:
Pedro Belorado
 Administrador apostólico de Messina 
1510 - 1511
Sucesor:
Bernardino da Bologna