Pieter van Musschenbroek


Pieter van Musschenbroek, nado o 14 de marzo de 1692 en Leiden e finado o 19 de setembro de 1761, foi un médico, astrónomo, matemático, filósofo e físico holandés coñecido pola súa contribución á invención da coñecida como botella de Leiden que se pode considerar como a precursora dos actuais condensadores.

Infotaula de personaPieter van Musschenbroek

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1692 Editar o valor em Wikidata
Leiden Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1761 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Leiden Editar o valor em Wikidata
Rector magnificus of Leiden University (en) Traducir
Rector of Utrecht University (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeProvincias Unidas Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
Director de teseHerman Boerhaave (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porBotella de Leiden
Trbómetro
Actividade
Campo de traballomédico, astronomo, matemático, filósofo e físico
Lugar de traballo Leiden (1716–1719) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , matemático , profesor universitario , construtor de instrumentos , astrólogo , físico , catedrático , médico , cirurxián Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1806 Editar o valor em Wikidata)
EmpregadorUniversidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Q65588666 Traducir (1739–1761)
Universidade de Utrecht. Philosophische faculteit (en) Traducir (1723–1732) , change of teaching mandate (en) Traducir
Universidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresWolferdus Senguerdius (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlvaro Telles Dacosta (en) Traducir, Petrus van Aken (en) Traducir, Theodorus Fayus (en) Traducir, Johannes Andreas Pfister (en) Traducir, Jean Nicolas Sébastien Allamand (pt) Traducir, Willem Arntzenius (en) Traducir, Johann David Hahn (pt) Traducir e Olof Hiorter Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAndreas Cunaeus
Familia
PaiJohan Joosten van Musschenbroek Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Van_Musschenbroek-1

Traxectoria editar

Artigo principal: Botella de Leiden.

Nado dentro dunha familia de ópticos , estudou e exerceu a medicina , en 1718 obtén o doutoramento. Durante unha estancia en Londres leu a John Theophilus Desaguliers e Isaac Newton cousa que tería unha grande influencia na súa traxectoria científica. En 1719 finaliza os seus estudos de filosofía e marcha a Duisburgo onde sería profesor de matemáticas, filosofía e medicina na Universidade entre 1719 e 1723, durante este tempo mantivo contactos e unha correspondencia constante con Daniel Gabriel Fahrenheit. Deu clases de física en Duisburg, Utrecht e en Leiden a partir de 1740. Realizou varios experimentos sobre a electricidade. Un deles chegou a ser famoso: propúxose investigar se a auga encerrada nun recipiente podía conservar cargas eléctricas. Durante esta experiencia uns dos seus asistentes, colleu a botella e recibiu unha forte descarga eléctrica. Deste xeito foi descuberta a botella de Leiden e a base dos actuais condensadores.

No 1746 descobre o primeiro condensador, e chámao en honra á Universidade e Cidade de onde era oriúndo "Botella de Leiden". Aínda que simultaneamente o mesmo aparello fose descuberto polo inventor alemán Ewald Georg von Kleist, o nome da "Botella de Leiden" quedou na historia como un dos grandes descubrimentos da ciencia.

O primeiro condensador consistía nunha botella de vidro parcialmente chea con auga e tapada cunha cortiza atravesada no seu centro por un cable cun dos seus extremos mergullado na auga. Cando se conectaba o cable a unha fonte de enerxía estática a botella cargábase, e podía descargarse conectando o seu borne central a un punto de potencial cero (terra).

A "Botella de Leiden" evolucionou rapidamente cara a un recipiente de vidro con delgadas láminas metálicas dentro e fóra. Unha varilla metálica atravesaba a tapa illante facendo contacto coa lámina interna. Entre as placas interna e externa aplicábase unha diferenza de potencial que facía que a "Botella de Leiden" cargásese. Unha vez cargada podíalla descargar achegando o condutor central á placa externa, producindo a perforación dieléctrica do aire mediante unha faísca.

A "Botella de Leiden" pronto atopou interesantes aplicacións prácticas para almacenar enerxía estática, unha das máis tradicionais foi a máquina de Wimshurst. Naquela época foron tan importantes as aplicacións da "Botella de Leiden" que se poden ver distintos modelos e deseños en moitos museos do mundo da especialidade, pero todas conservan o mesmo principio de funcionamento.[1]

Publicacións editar

  • De certa methodo philosophiæ experimentalis, 1723. Un discurso;
  • Elementa Physica, 1726, reimpreso en 1762 co título Introductio ad philosophiam naturorum;
  • Dissertationes physicae experimentalis et geometricae de magnete (1729) ;
  • De methodo instituendi experimenta physices, 1730 ;
  • Tentamina experimentórum naturalium in Accademia del Cimento [2] (1731) ;
  • Institutiones physicæ, 1734);
  • Æris praestantia in humoribus corporis humani (1739) ;
  • Institutiones logicæ (1764).

Notas editar

  1. Biografía de Pieter van Musschenbroek Física.net [127-08-2012] (en castelán)
  2. Traducció al llatí de l'obra Saggi di Natvrali Esperienze fatte nell'Accademia del Cimento del 1666, l' Accademia del Cimento (Acadèmia de l'experiment) va ser la primera societat científica en utilitzar el mètode experimental galileà a Europa el 1657.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar