Pieter Boel, nado en Antuerpen en 1622 e finado en París en 1674, foi un ilustrador, gravador e pintor barroco flamengo, especializado na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas.

Infotaula de personaPieter Boel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1622 Editar o valor em Wikidata
Antuerpen Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1674 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos do Sur Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París (1669–1674)
Antuerpen (1650–1651)
Xénova (1647–1649)
Roma
París
Antuerpen Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , artista gráfico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNatureza morta Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco e Pintura barroca flamenga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJan Fyt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJan Baptist Boel II (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsQuirin Boel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alegoría da vanidade, óleo sobre lenzo (207 x 260 cm), Palacio de Belas Artes de Lille.
Armas e instrumentos de guerra, óleo sobre lenzo, 169 x 313 cm, Madrid, Museo do Prado.

Traxectoria editar

Fillo do gravador Jan Boel, foi bautizado en Antuerpen o 10 de outubro de 1622. Formado na pintura con Jan Fyt, está documentada a súa presenza en Xénova entre 1647 e 1649. De regreso a Antuerpen, en 1650 foi admitido como mestre no gremio de San Lucas. Cara a 1669 trasladouse a París, onde traballou ás ordes de Charles Le Brun (1619-1690) nas tapizarías reais, para as que executou un número importante de debuxos de animais, moitos actualmente conservados no Museo do Louvre, incorporados aos cartóns que servían de modelo para os tapices destinados á corte de Lois XIV.[1]

A súa especialidade animalística levouno a colaborar ocasionalmente con outros pintores, como Jacob Jordaens ou Erasmus Quellinus II. Nos seus bodegóns, nos que se manifesta a influencia de Jan Fyt, incorpora pezas de caza e ricos obxectos de alto valor decorativo. Entre eles cabe destacar algúns conservados no Museo do Prado, como Caza e cans e Armas e instrumentos de guerra.

Notas editar

  1. "Debuxos de Pieter Boel no Museo do Louvre.". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar