Pierre Puvis de Chavannes

pintor francés


Pierre Cécile Puvis de Chavannes, nado en Lión o 14 de decembro de 1824 e finado en París o 24 de outubro de 1898, foi un pintor simbolista francés.

Infotaula de personaPierre Puvis de Chavannes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1824 Editar o valor em Wikidata
Lión, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1898 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNeuilly-sur-Seine Old Communal Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París (1846–1848)
Bélxica
Italia
Londres
París
Italia
Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia Editar o valor em Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresHenry Scheffer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosPaul Baudoüin, Georges William Thornley (pt) Traducir, Hans Nikolaj Hansen (pt) Traducir e Oscar Adam Otto Matthiesen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarie Cantacuzène (pt) Traducir (1897–) Editar o valor em Wikidata
ParellaMarie Cantacuzène (pt) Traducir (1856–1897) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: a4e3d7ca-41c0-46ee-aad0-f70164884e5b Discogs: 4118297 WikiTree: Puvis-4 Find a Grave: 159543754 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo de estudar na École polytechnique (Escola Politécnica), pasou unha tempada rn Italia. Decidiu consagrarse á pintura ao estudar a obra de Eugène Delacroix e de Thomas Couture. Ao principio da súa actividade artística expuxo no Salón de 1850, pero posteriormente tivo problemas para continuar facéndoo.

Entre 1854 e 1855, Puvis de Chavannes realizou frescos e pinturas murais en Amiens e máis no Panteón de París. As súas obras, nas que son frecuentes as pinturas murais, son propias do movemento simbolista pictórico.

En Montmartre tivo relacións cunha das súas modelos, Suzanne Valadon, quen, pasado o tempo, se convertería nunha das artistas máis importantrs da súa época.

En 1890, foi un dos fundadores da Société Nationale des Beaux-Arts (Sociedade Nacional das Belas Artes), da cal máis tarde sería presidente, e que tempo despois poría o seu nome a uns premios, primeiro outorgados no Musée d'art moderne du Trocadero (Museo de arte moderna do Trocadero) e logo no Grand Palais des Champs-Élysées (Campos Elisios).

 
Printemps (Primavera), 1865.

Selección de obras editar

  • Le Travail (O traballo), 1863, Museo de Picardie.
  • Marie-Madeleine (María Magdalena), 1897, óleo sobre tea, 116,5 x 89,5 cm, Museo de Belas Artes de Budapest.
  • La gardeuse de chèvres (Pastora de cabras), 1893, óleo sobre tea, 86 x 54 cm, Mâcon, Museo das Ursulinas.
  • Doux Pays (Doce país) 1882, 230 x 428 cm, Baiona, Museo Bonnat.
  • París, Museo de Orsay.
  • Le Rêve (O Soño), 1883, óleo sobre tea, 82 x 102 cm
  • Le pauvre pêcheur (O pescador pobre), 1881, óleo sobre tea, 155,5 x 192,5 cm
  • La jeune mère ou la Charité (Nai nova ou A caridade), ca. 1887, óleo sobre tea, 56 x 47 cm
  • Vue sur le château de Versailles et l'Orangerie (Vista do pazo de Versailles e a Orangerie), 1871, óleo sobre tea, 32,5 x 46,3 cm
  • l' Espérance (A esperanza), 1871-1872, óleo sobre tea, 70,5 x 82 cm
  • Jeunes filles au bord de la mer (Mozas na beira do mar), 1879, óleo sobre tea, 205 x 154 cm
  • le Pigeon (O pombo), 1871, óleo sobre tea, 136,7 x 86,5 cm[1]
  • le Ballon (O globo), 1870, óleo sobre tea, 136,7 x 86,5 cm[2]
  • la Toilette , 1883, óleo sobre tea, 75 x 63 cm, huile sur toile, 136,7 x 86,5 cm
  • Saint-Sébastien (San Sebastián), 1824, óleo sobre tea, 61,5 x 51 cm
  • le Recueillement (Recollemento), 1866, óleo sobre tea, 271 x 104 cm
  • L'Histoire (A Historia), óleo sobre tea, 271 x 104
  • La Vigilance (A vixilancia), óleo sobre tea, 271 x 104
  • Retour de Chasse (Volta da caza), 1859, 345 x 295 cm, Museo de Belas Artes de Marsella.
  • Orphée (Orfeo), 1896, óleo sobre tea, 67 x 46,5 cm, Oslo, Nasjonalgalleriet.
  • Homère (la Poésie épique) (Homero ou A poesía épica), 1896, óleo sobre tea, 126 x 62 cm, Boston, Museum of Fine Arts.
  • L'Eté (O verán), 1891, óleo sobre tea, 150 x 232 cm, Museum of Art, Cleveland.
  • Les Baigneuses (As bañistas), ca. 1890, óleo sobre tea, 55,4 x 35, 5 cm, Toronto, Art Gallery of Ontario.
  • Les Jeunes filles et la mort (As mozas e a morte), 1872, óleo sobre tea, 146 x 105 cm, Williamstown, Sterling and Francine Clark Art Institute.

Galería editar

Notas editar

  1. en letras de ouro sobre do cadro: ECHAPPE A LA SERRE ENNEMIE LE MESSAGE ATTENDU EXALTE LE COEUR DE LA FIERE CITE: ESCAPADA DO CERCO INIMIGO A MENSAXE OUVIDA EXALTA O CORAZÓN DA ORGULLOSA CIDADE
  2. en letras de ouro sobre do cadro: LA VILLE DE PARIS INVESTIE CONFIE A L'AIR SON APPEL A LA FRANCE: A CIDADE DE PARÍS ATACADA CONFÍA AO AIRE O SEU CHAMAMENTO A FRANCIA