Piedade Bonnett, nada en Amalfi, Antioquia, 1951, é unha poeta, novelista, dramaturga e crítica literaria colombiana.

Infotaula de personaPiedad Bonnett

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Amalfi, Colombia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade dos Andes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoeta Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , dramaturga , escritora , crítica literaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Traxectoria editar

Licenciouse en Filosofía e Letras da Universidade dos Andes, onde exerceu como profesora en filosofía e linguas. A súa poesía, teatro e narrativa están profundamente arraigadas na súa experiencia vital e expresan a visión da muller de clase media nun país esgazado por múltiples violencias, desigualdades e conflitos. Desenvolveu, ademais, un frutífero labor crítico e de difusión da poesía. É columnista do xornal El Espectador Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine. desde 2012.

Co primeiro dos seus libros, De círculo y ceniza, recibiu mención de honra no Concurso Hispanoamericano de Poesía Octavio Paz (Festival de Arte de Cali, Colombia). Con El hilo de los días gañou o Premio Nacional de Poesía outorgado polo Instituto Colombiano de Cultura, Colcultura, en 1994 e, con Explicaciones no pedidas, o Premio Casa de América de Poesía Americana 2011. No XIV Encontro de Poetas do Mundo Latino, que tivo lugar en Cidade de México e Aguascalientes entre o 25 e o 31 de outubro de 2012, foille outorgado o premio de poesía Poetas do Mundo Latino Víctor Sandoval 2012 pola súa contibución á lingua castelá. En 2017 recibiu o premio Xeración do 27 por Los habitados.

Foi merecedora, en 1998, dunha das bolsas de Investigación do Ministerio de Cultura, co proxecto “Cinco entrevistas a poetas colombianos”, que dá orixe ao seu libro Imaginación y oficio, publicado pola Universidade de Antioquia, 2003. E en 1992, da Bolsa Francisco de Paula Santander para un traballo de dramaturxia.

Publicáronse contos e ensaios seus en distintas revistas e xornais do país e do estranxeiro. Representou a Colombia en numerosos encontros de poesía en Granada (España), Córdoba (España), Morelia (México), Rosario (Arxentina) e Medellín (Colombia), entre moitos outros, e en encontros literarios como o Festival de Literatura de Berlín e o Hay Festival de Segovia. En 2008 foi a poeta homenaxeada pola Consellería para a equidade da Muller da Presidencia da República, durante a Feira do libro de Bogotá.

A súa poesía foi traducida ao italiano, ao inglés, ao francés, ao sueco, ao grego e ao portugués.

Publicacións editar

Poesía
  • De círculo y ceniza, Ediciones Uniandes, 1989
  • Nadie en casa, Fundación Simón y Lola Gubereck, 1994; en 2006 a Universidad Externado de Colombia reimprímeo como o nº 20 da colección "Un libro por centavos"
  • El hilo de los días, Colcultura, 1995
  • Ese animal triste, Editorial Norma, 1996
  • Todos los amantes son guerreros, 1998; en 2008 a Universidade dos Andes publica reimpresión deste poemario na súa colección 60 anos
  • Las tretas del débil, Punto de lectura, 2004
  • Las herencias, Visor, 2008
  • Explicaciones no pedidas, Visor, 2011
  • Los habitados, Visor, 2017
  • Daniel. Voces en duelo con Chantal Maillard. Vaso Roto Ediciones.[1]
Novelas
  • Después de todo, Alfaguara, 2001
  • Para otros es el cielo, Alfaguara, 2004
  • Siempre fue invierno, Alfaguara, 2007
  • El prestigio de la belleza, Alfaguara, 2010
  • Lo que no tiene nombre, Alfaguara, 2013
  • Donde nadie me espere, Alfaguara, 2018
Entrevistas
  • Imaginación y oficio: conversaciones con seis poetas colombianos, Universidade de Antioquia, 2003
Antoloxías
  • Antología, Universidad Nacional de Colombia, 1998
  • No es más que la vida, Arango Editores, 1998
  • Lo demás es silencio: antología poética, Editorial Hiperión, 2003
  • Los privilegios del olvido, Fondo de Cultura Económica, 2008
  • Fouci fauto, antoloxía de poemas en italiano publicada pola editorial Forme libere de Trento, coa tradución de Luca Baú, 2012
  • Poemas de amor, Frailejón, 2013
  • Poesía reunida, 2015
  • En caso de emergencia, 2018
En coautoría
  • Daniel Segura Bonnett (1983-2011) dibujos, pinturas y grabados, 2013, con Lucas Ospina

Algúns textos en revistas editar

  • "¿Cómo me hice novelista?", en: Revista pie de Página # 2
  • "Todos tan contentos", en: Revista Número # 50, 2006
  • "Fracasar cada vez mejor", en: Revista Número # 57, 2008
  • "País de Novela; conversa con William Ospina, Darío Jaramillo e Piedad Bonnett" Diario el País, 24 de novembro de 2007

Produción como dramaturga editar

  • Se arrienda pieza
  • Sanseacabó
  • Gato por liebre, 1991
  • Algún día nos iremos 2013, presentado no Teatro libre de Bogotá baixo a dirección de Ricardo Camacho
  • Noche de epifanía, versión teatral de Shakespeare

Premios editar

  • Mención de honra no concurso hispanoamericano de poesía Octavio Paz por De círculo y de ceniza
  • Premio nacional de poesía, Instituto colombiano de cultura, 1994, por El hilo de los días
  • XI Premio Casa de América de poesía americana, 2011, por Explicaciones no pedidas
  • Premio de poesía Poetas do mundo latino 2012
  • Escritora do ano Portal de Poesía Contemporánea 2013
  • Premio de Poesía José Lezama Lima, 2014, por Explicaciones no pedidas
  • Premio de Poesía Generación del 27, 2016, por Los habitados

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar