Pidgin-Deutsch ou alemán pidgin é unha lingua de contacto xurdida na emigración en Alemaña. O termo popularizouse nas décadas entre o 1965 e 1985, a partir do estudo "Zum Pidgin-Deutsch der Gastarbeiter"[1] analizado en base a enquisas a traballadores migrantes españois e italianos. O termo non se centra en nacionalidades específicas senón no conxunto total de inmigrantes no país considerando o efecto no total da poboación e en comparación con migrantes máis asentadas como as turcas. Varios académicos coinciden en que este tipo de pidgin, pese a mostrar trazos propios do termo, carece do trasfondo sociolóxico[2].

Trazos do alemán pidgin editar

  • Fallo de formas flexionadas en adxectivos e verbos; colocación do infinitivo e a forma feminina do artigo indefinido.
  • Acumulación excesiva de adverbios.
  • Confusión entre a forma viel e sehr.
  • niks en substitución de nichts, nicht ou kein.
  • Forma errónea do saúdo con du en conexión con formas infinitivas.
  • Formas propias de declinar, fallos entre o definido e indefinido, nas preposicións e pronomes en posición incorrecta do suxeito. [3]

Notas editar

  1. "Franz Steiner Verlag, 5. Jahrg., H. 2 (Xullo, 1968), páx. 130-139"
  2. [J. Arends/P. Muysken/N. Smith (1995) Pidgins and Creoles. Amsterdam: Benjamins "Pidgin-Deutsch"]
  3. "Pidgin-Deutsch"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar