Un pictograma é un signo que representa esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura.

Táboa escrita en cuneiforme que rexistra as racións diarias de cervexa para os traballadores. 3300-3000 a. C. British Museum.
Pictograma de reciclado.

É o nome co que se denomina os signos dos sistemas alfabéticos baseados en debuxos significativos.

Un pictograma debería ser enteiramente comprensible con só poucas miradas.
No deseño dun pictograma deberían suprimirse todos os detalles superfluos.

Na actualidade é entendido como un signo claro e esquemático que sintetiza unha mensaxe superando a barreira da linguaxe; co obxectivo de informar, e así se usa nos sinais de tráfico.

Valen para se orientar no espazo real ou en Internet.

Os pictogramas son moi empregados nos mapas xeográficos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar