O Pico da Neblina é unha montaña que contén a cima máis elevada do Brasil, cunha altitude sobre o nivel do mar de 2.994 m.

Vista do Pico da Neblina
O Pico da Neblina localízase na fronteira brasileiro-venezolana

En tempos pasados o seu cume foi medido como de 3.014 m, mais medicións efectuadas en ano recente (2004) aseguran que a súa altura é de 2.993,78 m.

Situación editar

A montaña está situada no noroeste do país, na fronteira con Venezuela, e xusto a cara setentrional encóntrase de feito dentro deste último país. Forma parte do sistema montañoso do Macizo da Güiana, e do estado do Amazonas.

Protección ambiental editar

A parte norte forma parte do Parque Nacional de la Serranía de la Neblina venezolano, mentres a zona meridional está so xurisdición brasileira e está incluída dentro do Parque Nacional Pico da Neblina. Ambos os dous parques e outras zonas protexidas próximas forman unha área de máis de 80.000 km², probabelmente a maior superficie protexida do mundo nunha selva tropical.

Escalada editar

O pico foi escalado por primeira vez en 1965, por parte dun destacamento do exército brasileiro. Sobre a cima está colocado un cartel que lembra que é o sitio máis alto do Brasil. Membros do exército mudan cada ano unha bandeira brasileira que alí ondea.

A ruta de acceso máis doada, parte desde São Gabriel da Cachoeira ao río Iazinho por estrada, e segue logo por vía fluvial polo mesmo Iazinho, despois polo río Ia, o río Caburaí e o río Tucano, dende aí por verea a través da selva polos campos Tucano, Bebedouro Novo e Garimpo do Tucano, para por fin acometer a escalada final.