Picasa é un programa informático para organizar e editar fotografías dixitais, orixinalmente creado por Idealab e hoxe en día propiedade de Google, que o distribúe gratuitamente.

Nome e logotipo editar

A orixe do nome do programa é un xogo de palabras entre o apelido do pintor malagueño Pablo Picasso, a frase en castelán "mi casa" e a palabra inglesa pic, de picture (debuxo).

A icona e o logotipo teñen a forma dun pentágono formado pola abertura dunha lente fotográfica.

Historia editar

En xullo do 2004, Google adquiriu Picasa e comezou a ofrecela para a súa descarga de balde. Actualmente está dispoñible a terceira versión do popular programa de retoque fotográfico.

Dispoñibilidade editar

O programa funciona en calquera das súas versións en Windows XP, Windows Vista e Linux, mentres que en Windows 98 e Windows ME só funcionan as versións vellas. Os usuarios de Mac dispoñen do plug-in iPhoto, dispoñible para o Mac OS X 10.4 en diante.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.