O picanzo pequeno[2] (Lanius minor) é unha ave pertencente á familia dos lánidos.

Picanzo pequeno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Laniidae
Xénero: Lanius
Especie: L. minor
Nome binomial
Lanius minor
Gmelin, 1788
Verán: Laranxa, Inverno:azul
Verán: Laranxa, Inverno:azul

Verán: Laranxa, Inverno:azul

Características editar

Cunha lonxitude entre os 19 e 21 cm, atópase entre o picanzo real setentrional e o picanzo vermello[3].Coma todos os lánidos a cabeza é grande e redondeada. Peteiro forte e groso[3]. Os adultos presentan o bandullo rosado. As ás negras cunha mancha branca na parte central[3]. A cola presenta o centro negro e os laterais brancos. Dorso e cabeza agrisados. Presenta unha liña negra dende a fronte ata ben pasado o ollo. A gorxa e o queixo son brancos[3].

Distribución editar

Cría en Italia, os Balcáns, Europa do leste, Anatolia, Cáucaso, sur de Rusia e ata Asia Central. Estas zonas son abandonadas durante a migración, que leva a especie a refuxiarse no sur de África[3]. En España considérase o vertebrado máis ameazado, con dúas parellas nidificantes en 2015, nas provincias de Huesca e Lleida[4]. Nese mesmo ano a Generalitat de Cataluña co apoio das asociacións ecoloxistas Trenca e WWF España chegaron a un acordo para a protección destas parellas, a conservación das zonas de cría e o inicio dun programa de cría en catividade (con polos liberados anualmente en Lleida)[4], e así en 2017 a especie recuperouse ata totalizar en Cataluña 19 individuos con seis parellas nidificantes, liberándose 83 polos [5]. En Galicia só se atopa como visitante ocasional [6].

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Lanius minor". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  4. 4,0 4,1 Varios (Septembro 2015). "Proyecto de reintroducción del Alcaudón Chico". Quercus (355). 
  5. [http://trenca.org/projectes/la-trenca/ "La Trenca Conservació in situ de la trenca (Lanius Minor) a Espanya"], trenca.org
  6. HUYSKENS, G. e MAAS, P. 1971 "La migración de aves marinas en el NW de España". Ardeola Especial, 155-180.

 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.