Pica costeira

Adulto.


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Paseriformes
Familia: Motacílidos
Xénero: Anthus
Especie: A. petrosus
Nome binomial
'Anthus petrosus'
(Montagu, 1798)
Subespecies

Anthus petrosus petrosus
Anthus petrosus kleinschmidti
Anthus petrosus meinertzhageni
Anthus petrosus littoralis

A pica costeira (Anthus petrosus) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos. Reprodúcese nas costas rochosas de Europa Occidental. Abonda principalmente en Irlanda, Reino Unido e Francia. As poboacións escandinavas e rusas migran cara ó sur no inverno.

Características editar

Non acostuma alonxarse das zonas rochosas nas que reside e a maioría dos seus voos son de curta distancia[1]. Como o resto das aves da familia dos motacílidos, aliméntase de insectos e busca as súas presas dende o chan.

Subespecies editar

Distínguense catro subespecies de Anthus petrosus:

  • Anthus petrosus petrosus
  • Anthus petrosus kleinschmidti
  • Anthus petrosus meinertzhageni
  • Anthus petrosus littoralis

A A. p. littoralis é a propia de Escandinavia e do Mar Báltico, mentres que o resto son nativas do occidente europeo.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Bijlsma (1977), Alström & Mild (1996)