Coordenadas: 41°54′21.42″N 12°28′55.41″L / 41.9059500, -12.4820583

Piazza di Spagna é unha das prazas con máis sona de Roma. Toma o seu nome do Palacio de España, sede da embaixada española ante a Santa Sé e a Orde de Malta. Na praza salientan a coñecida escalinata que chega atá a igrexa de Trinità dei Monti e a barroca Fontana della Barcaccia.

Piazza di Spagna vista dende as escaleiras.

A praza editar

A praza atópase no cruzamento das rúas Via del Babuino (que leva a Piazza del Popolo) dende o norte, polo oeste a Via del Condotti e polo sur a Via dei due Macelli e a Via della Propaganda. Xusto no centro atópase a famosa Fontana della Barcaccia, do barroco temperá, esculpida por Pietro Bernini e o seu fillo, o célebre Gian Lorenzo Bernini. Ó sur da fonte, atópase a columna da Inmaculada Concepción, artigo de fe destacado entre os católicos españois.[1]

Na esquina dereita da escalinata atópase a casa do poeta inglés John Keats, que viviu e morreu no lugar en 1821. Hoxe é un museo adicado a el e o seu amigo Percy Bysshe Shelley, ámbolos dous figuras do Romanticismo inglés.

Na parte norte da praza, á esquerda da escalinata, está a estación de metro Spagna, da liña A, que toma o seu nome da praza.

Preto desta praza atópase a Via Condotti moi coñecida en Roma polas súas exclusivas tendas.[2]

Notas editar