Phoenix (constelación)

constelación

Phoenix ou Fénix[1] é unha constelación menor do sur, introducida polos navegantes daneses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman, e popularizada polo libro Uranometria de Johann Bayer no 1603. Só hai trinta estrelas en toda a constelación que teñen un brillo dunha magnitude maior a 5,0.

Phoenix
Phoenix
Nome latino Fénix
Abreviatura Phe
Xenitivo Phoenicis
Simboloxía O Ave Fénix
Ascensión recta 0 h
Declinación −50°
Área 469 graos cadrados

Rango 37º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante α Phoenicis (Ankaa)

(magnitude ap. 2,39)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +32° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro

Características editar

A extensión aproximada da constelación é −41° ata −57° declinación, e dende 23,5h ata 2h de ascensión recta. Isto significa que polo xeral é invisible para calquera que viva ó norte do paralelo 40 no Hemisferio Norte, e permanece baixa no firmamento para aqueles que vivan ó norte do Ecuador. É facilmente visible dende lugares coma Australia, Suramérica e Suráfrica durante o verán do Hemisferio Sur.

Phoenix está asociado coa choiva (menor) de meteoros das Phoenicidas que se pode ver no 5 de decembro.

Estrelas editar

Estrelas con nome propio:
  • (α Phe) 2,40 Ankaa (barca ou bote).
Estrelas con designación de Bayer:
β Phe 3,32; γ Phe 3,41; δ Phe 3,93; ε Phe 3,88; ζ Phe 3,94; θ Phe 6,07; η Phe 4,36; ι Phe 4,69; κ Phe 3,93; λ1 Phe 4,76; λ2 Phe 5,51; μ Phe 4,59; ν Phe 4,97; ξ Phe 5,72; π Phe 5,13; ρ Phe 5,24; σ Phe 5,18; τ Phe 5,71; υ Phe 5,21; χ Phe 5,15; φ Phe 5,12; ψ Phe 4,39; ω Phe 6,12
Estrelas con designación de Flamsteed:
120 Phe 5,49

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar