Phacochoerus africanus

especie de mamífero

O Phacochoerus africanus é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Suidae, unha das dúas especies de Phacochoerus que existen. É a máis numerosa nas sabanas de África.

Phacochoerus africanus

Exemplar no parque nacinoal de Zambeze.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Suidae
Xénero: Phacochoerus
Especie: P. africanus
(Gmelin, 1788)
     Distribución xeográfica     Rango probable, ou achados accidentais.
     Distribución xeográfica     Rango probable, ou achados accidentais.

     Distribución xeográfica     Rango probable, ou achados accidentais.

Descrición editar

 
Cranio.

Malia que poden verse comunmente en pasteiros abertos, sempre buscan refuxio na vexetación con forraxe máis densa. De feito, prefiren alimentarse en zonas densas e húmidas.

A súa dieta é omnívora, composta de herbas, raíces, bagas e outras froitas, cortizas, fungos, ovos, animais mortos, e pequenos mamíferos, mesmo réptiles e aves. A dieta é estacionalmente variable, dependendo da dispoñibilidade de diferentes alimentos. As áreas con moitos bulbos, rizomas e raíces nutritivas poden atraer a un gran número de facóqueros.

Os facóqueros son corredores rápidos. A miúdo corren coa cola erguida. Malia os seus problemas de visión, teñen un bo sentido do olfacto, que empregan para a localización dos alimentos, a detección de depredadores e o recoñecemento doutros animais.

Notas editar

  1. de Jong, Y.A., Cumming, D., d'Huart, J. & Butynski, T. (2016). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 

Véxase tamén editar